autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Taller de ABA funcional: o enfoque piramidal da educación

Correo-e Imprimir PDF

Capaces Lugo e Pyramid Educational Consultants España organizan o Curso de Formación Básica do Enfoque Piramidal da Educación para aqueles interesados en mellorar a súa visión de como aprenden as persoas e como ensinar.

Os participantes que asistan ao curso aprenderán como:
• Utilizar estratexias motivacionais e o reforzamento poderoso
• Ensinar habilidades de comunicación funcionais
• Crear oportunidades para aprender
• Técnicas de aprendizaxe (axudas, moldeamento, corrección de erros)
• Manexar conductas difíciles
• Avaliar os progresos

 

Cando? 6 e 7 de decembro de 2014. De 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30.

Onde? Decidirase o lugar en función do número de alumnos inscritos

A quen vai dirixido? Profesores, terapeutas da linguaxe, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, psicólogos, para-profesionais, pais, coidadores e para todos aqueles que traballan con persoas con necesidades educativas especiais.

Canto custa?

160 euros para socios de CAPACES LUGO

200 euros para o resto de participantes

180 euros si se fai o pago antes do 10 de novembro

Data límite de inscrición: 21 de novembro de 2014 (prazas limitadas)

Como realizar a inscrición: enchendo o formulario seguinte e realizando o pago na conta de ABANCA 2080-0101-5430-4005-8556 indicando o nome no concepto do pago.

Máis información: contactando con Capaces Lugo no 619 17 08 90 ou na dirección Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.