autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Doctor Tea axudará ás persoas con autismo no acceso aos servizos sanitarios

Correo-e Imprimir PDF

Fundación Orange e o Hospital Gregorio Marañón de Madrid presentaron Doctor Tea, unha aplicación pioneira para a atención sanitaria ás persoas con trastornos do espectro do autismo co obxectivo de diminuír os seus niveis de estrés e ansiedade nestas situacións.


Esta aplicación web permitirá aos pacientes con autismo familiarizarse coas instalacións do hospital, cos seus profesionais, os instrumentos e as probas médicas que nel se poden realizar. O programa inclúe fotografías, debuxos animados, animación 3D, filmacións real e multitude de tarefas en forma de xogos que axuden ás persoas con TEA a comprender as situacións e contextos sociais nos que se atopan.

 

As persoas con autismo a miúdo experimentan dificultades ao romper as súas rutinas habituais que fan que o acceso aos servizos médicos lles cause altos niveis de ansiedade e compliquen o seu tratamento polos profesionais sanitarios. A práctica demostra que unha anticipación previa, a desensibilización ou simplemente o coñecemento do procedemento que se vai realizar reduce considerablemente os niveis de estrés destes pacientes.


Este servizo púxose en marcha tendo en conta aqueles procedementos máis demandados polos pacientes con autismo e probouse con persoas de distintas capacidades para avaliar a súa utilidade e as preferencias dos usuarios.

Na actualidade, participan neste proxecto oito centros sanitarios de Madrid, Burgos e Barcelona.


Consulta outras axudas para acceder ao sistema sanitario en Galicia

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.