autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Autismo España e AETAPI rexeitan a intervención non baseada na evidencia

Correo-e Imprimir PDF

Esta situación provoca que moitas familias se encontren desorientadas no momento de seleccionar unha intervención e que poidan desenvolver falsas expectativas, así como ser víctimas de abusos ou fraudes.

A Asociación Española de Profesionais de Autismo (AETAPI) e a Confederación Autismo España rexeitan nun comunicado as opcións de tratamento e intervencións supostamente innovadoras que basean a súa promoción en atractivas promesas de curación, recuperación ou mellora inmediata das manifestacións do TEA.

 

 

 


Neste comunicado, as dúas plataformas resaltan os dereitos que asisten ás familias no momento de elixir o modelo de intervención máis axeitado:

  • Coñecer en que consiste exactamente o tratamento e cales son os seus obxectivos, de xeito previo a que este se inicie.
  • Solicitar información sobre o coñecemento científico en que se basea a intervención e sobre a investigación dispoñible (importante: consultar se se teñen publicado en revistas científica, posto que require a revisión de paneis de expertos).
  • Obter explicacións sobre a forma en que o tratamento repercute no desenvolvemento da persoa e sobre os beneficios que produce (tamén dos seus posibles efectos secundarios en caso de tratamentos farmacolóxicos).
  • Ser informados sobre outros tratamentos cientificamente validados, ou que poidan achegar beneficios similares.
  • Consultar como se van avaliar os resultados da intervención e como se contrastará o seu impacto positivo no desenvolvemento da persoa.
  • Recibir información sobre as cualificacións dos profesionais que realizan a intervención e sobre a súa experiencia profesional no eido.
  • Obter os datos sobre o custo que implica para a familia (económico, persoal, social, etc.).

 

 


Así mesmo, tamén destacan os sinais de alarma que poden indicar que se trata de prácticas non baseadas na evidencia científica:

  • Ignoran ou minimizan explicitamente os achados científicos que contradín os seus fundamentos.
  • Proclaman un grande éxito rápido e fácil de acadar para todas as persoas.
  • Non requiren unha especialización profesional no eido dos TEA, só no método determinado de intervención.
  • Baséanse unicamente en anécdotas testemuñais, sen achegar datos obxectivos procedentes da investigación.
  • Non é transparente, non se discute en foros profesionais especializados.
  • Existe un forte interese económico ou de outro tipo para os promotores da intervención.

Consulta o comunicado

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.