autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

O CERMI posiciónase a favor dun espazo sociosanitario inclusivo

Correo-e Imprimir PDF

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CEMRI) adoptou un documento de posición política e técnica do sector social da discapacidade cun conxunto de orientacións e parámetros para construír un espazo sociosanitario inclusivo coas persoas con discapacidade.

 

Con esta toma de posición, dende a plataforma representativa da discapacidade, preténdese incidir no debate político que manteñen a Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas para a creación dun espazo sociosanitario, cuxa definición non pode quedar unicamente en mans dos xestores públicos, senón que debería abrirse á participación activa da sociedade civil.


As persoas con discapacidade xunto coas persoas maiores son dous dos sectores sociais máis directamente afectados pola construcción dese ámbito sociosanitario, xa que acumulan necesidades intensas de atención e apoios sociais e sanitarios, que deben ser prestados dun xeito coherente e harmónico.

O espazo sociosanitario non pode ser unha mera superposición de respostas separadas, sanitarias por un lado e sociais polo outro, e deben incorporar como factor clave o carácter inclusivo da discapacidade, de xeito que se dirixa a promover a autonomía persoal, a vida independente e a participación comunitaria, e asegure a liberdade de decisión e de configuración flexible e suficiente dos apoios.


Consulta o documento

Fonte: CERMI

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.