autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

O Congreso apoia unanimemente a creación dunha estratexia nacional de autismo

Correo-e Imprimir PDF

O Congreso dos Deputados aprobou este martes por unanimidade unha proposición non de lei que pide ao Goberno que estudie a posibilidade de elaborar e desenvolver unha Estratexia Nacional de Autismo, destinada a mellorar o acceso á educación e ao emprego das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).


A iniciativa, presentada pola deputada do PP Amparo Ferrando, demanda ao Executivo que estude, en colaboración coas comunidades autónomas e o terceiro sector de acción social, a elaboración e o desenvolvemento dunha Estratexia Nacional de Autismo que contemple protocolos de atención nos eidos da sanidade, a cultura, o emprego e a educación.


“Oficialmente descoñécese o número de casos de persoas con TEA que hai en España, aínda que segundo o cálculo das entidades hai en España preto de 300.000 paciente, ademais das súas familias”, sinalou Ferrando, quen agradeceu ás entidades sociais o esforzo e traballo que fan en defensa dunha maior investigación para coñecer o TEA.

 

A este respecto, a deputada popular afirmou que a mellor axuda que se pode ofrecer aos pacientes e as súas familias é un diagnóstico temperán, unha educación especial e a garantía dunha inclusión social cos recursos necesarios, polo que considerou necesaria a implantación dunha Estratexia Nacional de Autismo que coordine o traballo realizado.


Ferrando fixo fincapé na existencia de desigualdades entre as comunidades autónomas como razón que impide que os esforzos empregados sexan suficientes, aínda que algunhas teñan desenvolvido un extenso traballo con unidades de TEA como a Comunidade Valenciana ou a Comunidade de Madrid.


Así mesmo, reivindicou o compromiso do Goberno coa discapacidade, ao resaltar que o 54% dos Presupostos Xerais do Estado para 2015 dedicaranse a gasto social, ou a creación de distintos grupos de traballo no marco da Estratexia de Saúde Mental.


“É o momento de impulsar unha mellor política social para este colectivo, hai que establecer unha estratexia nacional de autismo que contemple os protocolos de actuación en todos os eidos e que todos os axentes implicados que teñan algo que dicir participen na súa elaboración”, concluíu Ferrando.


Pola parte de Esquerda Plural, Gaspar Llamazares sinalou que a causa que impide que os esforzos sexan suficientes non son as desigualdades entre comunidades autónomas, senón a falta de recursos, de centros de referencia, de diagnóstico precoz e de respaldo educativo, especialmente para aquelas persoas adultas que carecen da axuda das súas familias. Pese a anunciar o seu apoio dixo que as estratexias non teñen servido “para coordinar os distintos dispositivos para afrontar problemas como o autismo”.


Nunha liña similar expresouse a portavoz do Grupo Socialista, Laura Seara, quen concretou que si se coñecen datos oficiais de pacientes de TEA: 350.000 persoas en toda España, unha cifra que aumenta a medio millón se se suma á súa familia. Ademais, afirmou que, gracias a unha comparecencia da Confederación Autismo España na Comisión de Discapacidade, coñecen que o 34% dos adultos con TEA sofren alteracións de saúde mental, o 65% padece ansiedade e o 57% depresión.


“Un plano ou estratexia de autismo é necesario, un plan que contemple medidas de sanidade, educación, investigación e emprego, pois só o 10% das persoas con TEA consegue emprego”, afirmou Seara, que resaltou que esta medida debe ir acompañada de financiamento e de compromiso.


Na opinión da deputada socialista, a situación actual das persoas con TEA viuse ameazada polos recortes e as decisións políticas do Goberno que debilitaron o modelo de saúde e minaron a escola inclusiva. “A día de hoxe, unidades de TEA ou están desbordades ou pechadas pola reducción de docentes e por recortes, por falta de persoal de apoio que se precisa”.


Fonte: Servimedia

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.