autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

I Conferencia Internacional de Novas Tecnoloxías para Persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Do 6 ao 8 de xullo de 2012 terá lugar en Valencia a Primeira Conferencia Internacional de Novas Tecnoloxías para Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo (TEA). Este simposio está patrocinado por Autismo Speaks, a Fundación Adapta e Fundación Orange.

Os obxectivos que expón este encontro son:

-Presentar os últimos achados de investigación.
-Presentar testemuños de uso de programas tecnolóxicos por parte de profesionais da intervención, familiares e das propias persoas con autismo.
-Crear un espazo de retroalimentación que se nutra con achegas e ideas dos usuarios das tecnoloxías.
-Definir un campo de actuación amplo e estable da utilización da tecnoloxía en persoas con autismo.

O Congreso conta coa presenza de relatores excepcionais como o Profesor Sir Michael Rutter ou o Doutor Ami Klin e nel presentaranse preto de 60 proxectos de tecnoloxías e autismo de 12 países diferentes, seleccionados polo seu grao de innovación e calidade científica e humana: Robots que ensinan aos nenos con autismo a imitar; Sistemas de interacción cerebro-ordenador; Videoxogos educativos de realidade aumentada e realidade virtual para a aprendizaxe social; Ferramentas deseñadas polos propios usuarios con autismo; Sistemas de interacción musical; Ducias de aplicacións de comunicación e lecer para smartphones e tabletas dixitais, etc.

Estes son tan só algúns exemplos dos proxectos e experiencias que se presentarán, deseñados para todos os niveis de capacidades que se dan dentro do espectro do autismo.

Toda a información e os requisitos para inscribirse podédelos atopar na páxina web do congreso.

 

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.