autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Xornadas sobre Protección Xurídica e Discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia estivo presente nas Xornadas sobre Protección Xurídica e Discapacidade celebradas os pasados 3 e 4 de maio na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) (Santiago de Compostela).

A Fundación Gavela de axuda a persoas con enfermidade mental organizou este evento en colaboración coa EGAP co obxectivo de facilitar aos profesionais vinculados a este eido coñecementos actualizados sobre a protección xurídica das persoas con discapacidade conforme a Convención.

O encontro serviu tamén para crear un foro de intercambio entre as entidades e profesionais que en Galicia dirixen a súa actividade ás persoas con capacidade modificada xudicialmente, asumindo medidas de apoio e protección (fundamentalmente tutelares).

 

Ao longo do xoves e o venres, profesionais de ambos sectores (discapacidade e xudicial) abordaron conxuntamente cuestións tan relevantes como a vinculación da capacidade das persoas no proceso de atención dende os centros e servizos de atención á dependencia ou o exercicio de medidas de protección dende institucións tutelares, tanto públicas como privadas.

Neste sentido, a Fundación Gavela e a Consellería de Traballo e Benestar presentaron o pasado 24 de abril a Guía Informativa sobre Protección Xurídica e Discapacidade que ambas entidades veñen de elaborar conjuntamente, e que pretende ser unha ferramenta que facilite o labor dos profesionais no campo da atención a este colectivo.

Descargar guía en: http://fundaciongavela.com/

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.