A Fundación María José Jove e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (Sergas), únense para estudar as causas xenéticas do autismo, a hiperactividade e o trastorno obsesivo compulsivo.
Nesta iniciativa estudarase a un conxunto de rapaces e adolescentes con autismo, TDAH e TOC nos que poida existir un síndrome xenético, e investigaranse as causas xenéticas destes síndromes mediante un estudo de asociación con marcadores xenéticos.