autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Clausura do VI Curso de Monitor en Ocio e Tempo Libre para persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Este venres 22 de xuño tivo lugar a clausura do VI Curso de ‘Monitor en Ocio e Tempo Libre para persoas con Trastornos do Espectro do Autismo’ que a Federación organiza en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación ONCE.

Recordemos que, neste primeiro bloque que finalizou hoxe, e que se desenvolveu nas instalación do Centro de Recursos de Autismo Galicia en Santiago de Compostela, abordáronse contidos formativos tales como a intervención educativa en persoas con TEA, a pedagoxía específica do ocio e o tempo libre que este colectivo require ou a aprendizaxe de diversas técnicas de ocio orientadas á participación e á dinamización.

Última actualizaciónfeita en Luns, 25 Xuño 2012 07:45

Actividades formativas para familias en promoción da saúde nas persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia está a realizar durante esta semana na viguesa Fundación Menela e na Asociación Raiolas Lugo senllas accións formativas dirixidas a familias e orientadas á promoción da saúde e á adquisición de hábitos saudables e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

É a primeira quenda dunha serie de accións para familias de persoas con TEA que a Federación desenvolverá tamén na asociación ASPANAES durante o mes de outubro e que se enmarcan dentro do convenio de colaboración co SERGAS para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no entorno sanitario.

Última actualizaciónfeita en Venres, 22 Xuño 2012 13:26

XVII Asemblea Xeral de Autismo Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia celebrou onte mércores 20 de xuño en Santiago de Compostela a súa XVII Asemblea Xeral Ordinaria. Na mesma, e segundo axenda, aprobáronse as contas e a memoria de actividades relativas ao exercicio de 2011. Presentouse ademais un informe de xestión e seguemento do Plan de Acción 2012, o cal contempla áreas estratéxicas como emprego e formación, apoio ao colectivo, programas e proxectos, adiministración e xestión ou comunicación e organización.

Durante a sesión, os representantes das entidades membro debateron temas comúns tales como o desenvolvemento de proxectos de futuro ou o artellamento e mellora de políticas e representación da institución.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 21 Xuño 2012 13:22

Autismo Galicia participa na elaboración da Estratexia de prevención da dependencia 2012-2015

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social, vai levar a cabo nos vindeiros meses a elaboración dunha Estratexia de prevención e detección precoz da dependencia en Galicia 2012-2020.

A estes efectos, estanse a constituír distintos grupos de traballo técnico co obxecto de recadar as achegas, ideas e suxestións que darán pé ao futuro Plan e que contempla a intervención en distintas áreas.

Autismo Galicia, como membro do CERMI autonómico, participa na elaboración desta Estratexia en calidade de membro do grupo técnico da Discapacidade. Este grupo, formado por delegados de distintas entidades pertencentes ao Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade en Galicia, mantivo a pasada semana unha reunión de traballo coordinada por Yolanda Maceira Babío, Xefa do Servizo de Dependencia da Xunta. Durante a xuntanza, as entidades da Discapacidade realizaron aportacións ao Plan para contribuír á súa configuración final. Ademais, de forma complementaria, todas aquelas propostas formuladas que non poidan ter cabida na redacción do Plan, pasarán a formar parte dun libro de boas prácticas.

 

Última actualizaciónfeita en Luns, 11 Xuño 2012 10:56

Páxina 120 de 132

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.