autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Curso ‘Ocio para personas con TEA’ en Madrid

Correo-e Imprimir PDF

Logo de Pauta

A asociación Pauta (Psicopedagoxía do Autismo e Trastornos Asociados) organiza en Madrid este curso dirixido a persoas interesadas na intervención con persoas con TEA e as súas familias.

Esta acción formativa tratará sobre como o lecer debe ser valorado en si, e non entenderse como un complemento ao tempo ocupado (recompensa ao traballo realizado, etc.), ou como algo secundario, senón como unha necesidade de toda persoa para formar parte do contexto social no que se atopa.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 25 Abril 2012 10:12

Segunda reunión da Comisión de Comunicación de Autismo España

Correo-e Imprimir PDF

Na reunión comezaron a se trazar as primeiras pautas para poñer xa en funcionamento o tecido estrutural que conforme un fluxo de comunicación entre as entidades da Confederación.

A Comisión de Comunicación de Autismo España reuniuse en Madrid o 18 de abril cun propósito en firme: comezar a dar pasos concretos na creación dunha estrutura que organice a comunicación das entidades, achegando unha unidade.

Última actualizaciónfeita en Venres, 20 Abril 2012 08:26

Segunda fase do programa Voluntariado Dixital 2012 da Xunta

Correo-e Imprimir PDF

Fotografía voluntarioO próximo xoves 19 de abril dará comezo o segundo módulo do Programa Voluntariado Dixital 2012 posto en marcha o mes pasado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia-Amtega en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar.

Este programa, no que Autismo Galicia participa xunto con 35 entidades máis de acción solidaria, formará a voluntarios e persoal técnico cun enfoque específico que atenda as necesidades dos usuarios que van a utilizar os servizos de voluntariado dixital.

Autismo Galicia participa nas III Xornadas ‘A Discapacidade Hoxe’ do Concello de Ordes

Correo-e Imprimir PDF

Este ano o Concello de Ordes quere facer coincidir a terceira edición das Xornadas sobre Discapacidade coa celebración anual da Feira Multisectorial Expo Ordes, na que dende hai dous anos, o consistorio conta cunha Área de Diversidade Funcional.

Neste contexto, Autismo Galicia estará presente neste evento, que terán lugar o sábado 28 de abril no Auditorio do Museo do Traxe ‘Juanjo Liñares’, ubicado no Campo da Feira de Ordes (recinto da Expo).

Última actualizaciónfeita en Venres, 13 Abril 2012 12:57

Páxina 114 de 122

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.