autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Turismo e termalismo para persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Tres das entidades pertencentes a Autismo Galicia participaron este mes no programa nacional do Imserso ‘Turismo e Termalismo para Persoas con Discapacidade’ 2011-2012 que a Confederación Autismo España organiza e coordina para as súas 70 asociacións e federacións.

Un total de 27 usuarios de APACAF, ASPANAES e Fundación Menela veñen de disfrutar na primeira quincena de maio de senllas estadías vacacionais en diversos puntos da xeografía española para realizar actividades de ocio e termalismo.

Dende rutas de sendeirismo e circuitos termais ata actividades deportivas, culturais e mesmo gastronómicas, os participantes pudieron disfrutar dunha experiencia que lles permitiu, non só coñecer a particularidade e beleza de cada lugar visitado, senón tamén a riqueza que aporta a convivencia grupal ao longo de varios días e que sen dúbida reverte na mellora da calidade de vida das persoas con TEA.

Última actualizaciónfeita en Martes, 22 Maio 2012 13:25

Ángel Carracedo na Escola de Pais de ASPANAES

Correo-e Imprimir PDF

Foto de Ángel CarracedoO vindeiro sábado 26 de maio, e enmarcada na súa Escola de Pais, a asociación ASPANAES ofrecerá no Hotel Husa Center da Coruña unha charla informativa a cargo do recoñecido Dr. Ángel Carracedo, Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Esta poñencia, que levará por título “A situación actual da xenética dos Trastornos do Espectro do Autismo’, versará sobre a interacción da etioloxía ambiental e xenética nos TEA, nos que se dá ademais unha importante variabilidade destas últimas causas, as xenéticas, algunhas das cales poden ser identificadas.

O Cermi Galicia agradece o compromiso da Xunta para garantir as políticas dirixidas á discapacidade

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia estivo presente onte mércores, a través do seu Vicepresidente, Cipriano Jiménez Casas, nunha xuntanza que a Conselleira de Traballo e Benestar –Beatriz Mato- mantivo en San Caetano con representantes do Cermi Galicia, entidade da que a nosa Federación é membro xunto con outras sete organizacións autonómicas do sector da discapacidade.

Na xuntanza, todos os membros do Cermi Galicia foron recibidos pola Conselleira, quen estivo acompañada polo seu equipo de traballo, a Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e mailos Directores Xerais das áreas de emprego, Ana Díaz, Amparo González e Odilio Martiñá.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 10 Maio 2012 14:17

Autismo Ourense participa na IX Feira da Saúde

Correo-e Imprimir PDF

Como vén sendo tradición, a Asociación Autismo Ourense participa na IX Feira da Saúde que abriu o mércores 9 de maio os seus expositores nos Xardíns do Bispo Cesáreo da capital ourensá. Este ano, -e facéndose eco do lema da campaña de sensibilización ‘El autismo te habla, sigue las señales’ lanzada por Autismo España- a principal mensaxe que se está transmitindo desde o stand de Autismo Ourense é a constatación do aumento da prevalencia dos trastornos do espectro do autismo na poboación e os principais indicadores de alarma que deben levar aos pais a consultar cos equipos de valoración e diagnóstico.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 10 Maio 2012 11:23

Páxina 112 de 122

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.