autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

5 de outubro Día Europeo do Autismo

Correo-e Imprimir PDF

O autismo é un trastorno relativamente xove, describiuse por primeira vez nos anos 40, e non se incorporou a definición de Trastorno do Espectro Autista como un continuo ata os anos 70. Desta forma, as primeiras persoas con diagnóstico de TEA están a pasar a idade adulta e isto supón un reto tanto para as propias persoas con TEA, como para familias e profesionais, xa que será a primeira vez que se traten os efectos do autismo sobre persoas maiores.

Por outra banda, os casos de trastornos de espectro autista detectados polos especialistas veñen aumentando notablemente nos últimos tempos, en boa parte, pola mellora nos coñecementos dos profesionais e nos diagnósticos.

Aínda que o autismo no é curable, sí é tratable, polo que unha detección temperá pode beneficiar moito ós rapaces con TEA a través de educación e terapia adecuadas e proporcionadas por especialistas.

Dende Autismo Galicia queremos salientar a necesidade de investigar este tipo de trastornos co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a inclusión social das persoas afectadas, así como a sensibilización de toda a sociedade.

Continúan as actividades de respiro familiar 2012

Correo-e Imprimir PDF

Despois dos respiros familiares de fin de semana levados a cabo en xullo e agosto, Autismo Galicia retoma como cada ano a semana de equinoterapia na Fundación Carriegos, en León. Estas actividades están orientadas a lograr unha mellora nas relacións familiares e na conciliación coa vida laboral dos familiares de persoas con TEA.

Última actualizaciónfeita en Martes, 02 Outubro 2012 10:01

Clausura do VI Curso de Monitor en Ocio e Tempo Libre para persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Este venres 22 de xuño tivo lugar a clausura do VI Curso de ‘Monitor en Ocio e Tempo Libre para persoas con Trastornos do Espectro do Autismo’ que a Federación organiza en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación ONCE.

Recordemos que, neste primeiro bloque que finalizou hoxe, e que se desenvolveu nas instalación do Centro de Recursos de Autismo Galicia en Santiago de Compostela, abordáronse contidos formativos tales como a intervención educativa en persoas con TEA, a pedagoxía específica do ocio e o tempo libre que este colectivo require ou a aprendizaxe de diversas técnicas de ocio orientadas á participación e á dinamización.

Última actualizaciónfeita en Luns, 25 Xuño 2012 07:45

Actividades formativas para familias en promoción da saúde nas persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia está a realizar durante esta semana na viguesa Fundación Menela e na Asociación Raiolas Lugo senllas accións formativas dirixidas a familias e orientadas á promoción da saúde e á adquisición de hábitos saudables e habilidades funcionais nas persoas con TEA.

É a primeira quenda dunha serie de accións para familias de persoas con TEA que a Federación desenvolverá tamén na asociación ASPANAES durante o mes de outubro e que se enmarcan dentro do convenio de colaboración co SERGAS para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no entorno sanitario.

Última actualizaciónfeita en Venres, 22 Xuño 2012 13:26

Páxina 111 de 123

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.