autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

"La Mirada de Ángel", cartas dunha nai ao seu fillo con autismo

Correo-e Imprimir PDF


María Luisa Fernández é a nai de Ángel, un mozo de 29 anos ao que non lle fai falta falar para causar unha gran impresión e para dicir moitas cousas se se lle escoita con atención. Ademais, Ángel ten trastorno do espectro do autismo e uhna lesión cerebral que fan que dependa doutra persoa para as actividades da súa vida diaria.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 01 Xuño 2016 09:57

Marlene Horna: As familias non serían un complemento senón parte fundamental do equipo de intervención

Correo-e Imprimir PDF

 

Aproveitando a visita do ano pasado de Marlene Horna á Federación Autismo Galicia para a realización de dous cursos sobre apoios visuais, realizouse unha pequena charla con ela. Ademais do seu traballo como psicóloga especializada en TEA, unha boa parte do seu tempo dedícao a formar a outras persoas sobre este trastorno. Leva varios anos colaborando coa Federación impartindo a parte primeira do curso de Monitor de Ocio e Tempo Libre, dous dos módulos do curso de Preparador Laboral Especialista en TEA e, o 14 de Marzo realizará o curso de Alumnos con TEA: Discapacidade Intelectual.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 29 Xuño 2016 12:05

Rita Jordan: "Pasas toda a túa vida intentando comprender e sempre hai máis por descubrir"

Correo-e Imprimir PDF

Tras graduarse como psicóloga, Rita Jordan comezou a ensinar a nenos con necesidades especiais tanto en escolas ordinarias como en escolas especiais. Continuou os seus estudos especializándose en desenvolvemento infantil e lingüística ata converterse en profesora emérita da Universidade de Birmingham, onde levou a cabo unha grande variedade de programas dedicados ao autismo. Coma unha das maiores expertas en autismo do mundo, formou parte do Comité de Educación para Nenos con TEA do Consello de Europa e foi recoñecida cun premio a toda a súa carreira pola National Autistic Society. Recentemente visitou Galicia para participar na Xornada 35 Aniversario da Asociación ASPANAES.




Vostede ten visitado moitos países distintos, como ve a situación das persoas con TEA en Europa?

A grandes trazos, Europa divídese en norte e sur. Os países do norte (Escandinavia e Reino Unido) levan feito bastante investigación e moi pronto recoñeceron o autismo coma un trastorno do desenvolvemento máis ca unha enfermidade psiquiátrica. Nos primeiros tempos, adoitábase culpar ás familias e en Francia aínda hai xente poderosa, psiquiatras que culpan ás nais, cousa que é bastante vergoñenta. Francia, por ser tan protectora, tivo unha mala influencia en termos de desenvolvemento científico e isto inclúe o autismo.

España é moi interesante porque ten esa tradición do sur de Europa de centrarse nos aspectos emocionais, peros tamén foi unha das pioneiras en facer investigación. Penso que en moitas maneiras lévanse feito grandes avances en España nos últimos anos.

Supoño que no caso francés, eso será mesmo doloroso para esas persoas.

É moi doloroso. Non ten sentido para eles que se lles aparte dos seus pais, é cruel e ridículo. Penso que isto debe cambiar e está a cambiar coa axuda dos pais. Ten habido algúns profesionais pioneiros; pero, en xeral, a maioría dos bos servizos foron postos en marcha por organizacións de familias. Mesmo algúns dos profesionais clave como Lorna Wing eran tamén pais. Penso que boa parte da paixón vén da súa propia experiencia como nai.

Dinme conta de que había algúns pais na conferencia cuxos fillos teñen unha forma regresiva de autismo. Desenvolvéronse normalmente durante dous ou tres anos e despois perderon as súas habilidades. Xa é bastante malo que o teu fillo estea a loitar por se desenvolver, pero cando o teñen e logo o perden é máis duro lograr que iso regrese.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 08 Abril 2015 11:30

Páxina 109 de 109

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.