autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Presentación da Campaña ‘X Solidaria’ en Santiago de Compostela

Correo-e Imprimir PDF

EAPN-Galicia, FAXPG e FADEMGA presentaron hoxe venres en Santiago de Compostela a ‘Campaña “X Solidaria”. Esta campaña anual, de carácter nacional, pretende apelar ao compromiso cidadá coas causas solidarias e transmitir a idea de que, cun xesto simple e sinxelo como é marcar o recadro de fins sociais na declaración da renda, podemos contribuír a cambiar a vida das persoas máis desfavorecidas, sobre todo na actual coxuntura económica.

En rolda de prensa, representantes de tres das entidades membro de EAPN-Galicia (da que Autismo Galicia forma parte xunto con outras 15 organizacións do Terceiro Sector en Galicia), quixeron salientar ante ao medios a importancia e a implicación da asignación fiscal do 0,7% da cota íntegra a programas para os máis desfavorecidos: persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia, etc.

Última actualizaciónfeita en Luns, 07 Maio 2012 09:23

VI Curso Monitor en Ocio e Tempo Libre para Persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

Aberto o prazo de preinscrición ata o 25 de maio de 2012.

Autismo Galicia organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Fundación ONCE, a VI edición do curso Monitor en Ocio e Tempo Libre para Persoas con Trastornos do Espectro do Autismo.

O curso está dirixido a persoas interesadas en formarse como monitores de ocio para este colectivo específico e ten como obxectivos formativos o coñecemento por parte dos participantes dos procesos psicolóxicos básicos da aprendizaxe en persoas con TEA, así como o coñecemento das diferentes áreas de intervención educativa con este trastorno ou a aprendizaxe de diversas técnicas de ocio orientadas á participación e a dinamización.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 03 Maio 2012 12:35

III Xornadas ‘A Discapacidade Hoxe’ en Ordes

Correo-e Imprimir PDF

Esta fin de semana celebrouse en Ordes a terceira edición das Xornandas ‘A Discapacidade Hoxe’, organizadas pola Área de Diversidade Funcional deste Concello, e nas que participou Autismo Galicia.

Na presente convocatoria, que coincidiu coa celebración anual de Feira Multisectorial Expo Ordes, a Xornada aglutinou a un total de 15 entidades do sector da discapacidade.

FAXPG, ONCE, COGAMI, FADEMGA ou Down Compostela foron algunhas das organizacións que se deron cita xunto a Autismo Galicia ao longo da fin de semana.

As entidades estiveron presentes ante o público asistente con stands informativos na Área de Diversidade Funcional a elas reservada dentro do recinto feiral de Expo Ordes. Pero o sábado 28 tiveron ademais un espazo de encontro e reflexión no Auditorio do Museo do Traxe ‘Juanjo Liñares’, no que cada organización deu a coñecer a realidade do sector específico da discapacidade para o que cada unha traballa.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 03 Maio 2012 12:31

Curso ‘Ocio para personas con TEA’ en Madrid

Correo-e Imprimir PDF

Logo de Pauta

A asociación Pauta (Psicopedagoxía do Autismo e Trastornos Asociados) organiza en Madrid este curso dirixido a persoas interesadas na intervención con persoas con TEA e as súas familias.

Esta acción formativa tratará sobre como o lecer debe ser valorado en si, e non entenderse como un complemento ao tempo ocupado (recompensa ao traballo realizado, etc.), ou como algo secundario, senón como unha necesidade de toda persoa para formar parte do contexto social no que se atopa.

Última actualizaciónfeita en Mércores, 25 Abril 2012 10:12

Páxina 102 de 110

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.