autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

A Federación Autismo Galicia presenta no Concello de Mondariz o Proxecto de Accesibilidade Cognitiva

Correo-e Imprimir PDF

 

A Federación Autismo Galicia presenta no Concello de Mondariz o Proxecto de Accesibilidade Cognitiva en contornas sociais.

 

Tras lograr o compromiso da corporación política do Concello de Mondariz, a Federación Autismo Galicia visita os espazos públicos do Concello para facelos máis accesibles.

O primeiro lugar no que se traballará será a casa consistorial, pasando despois a outros espazos onde se detecte a necesidade de utilizar pictogramas, como poden ser: piscina, pavillón, centro de día, centro de saúde, CPI Mondariz, escola de música e biblioteca.

Este proxecto conta co apoio de Fundación ONCE e a Xunta de Galicia e facilitará o acceso das persoas con autismo a lugares públicos a través da sinalización con pictogramas e promoverá o coñecemento dos sistemas alternativos e aumentativos de comunicación.

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 28 Xuño 2018 09:12

Fundación ONCE e Xunta de Galicia comprometidas coa accesibilidade.

Correo-e Imprimir PDF

A Fundación ONCE acaba de aprobar o financiamento para dar continuidade ao  proxecto de accesibilidade en concellos galegos que desenvolve a Federación Autismo Galicia.

Grazas a esta nova achega da Fundación ONCE, poderanse adaptar espazos  públicos do Concello de Mondariz. Desta forma contribuirase ao benestar das persoas con TEA da nosa comunidade autónoma e á  visibilización das súas necesidades comunicativas entre as persoas que non as coñecen.

Proximamente, comezará o estudo dos espazos por parte dos técnicos para establecer as necesidades de apoios comunicativos e elaborar os  pictogramas de forma que se adapten ás necesidades específicas das persoas con autismo.

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 28 Xuño 2018 08:50

CURSO TRASTORNOS DE ALIMENTACIÓN EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO

Correo-e Imprimir PDF

CURSO  TRASTORNOS DE ALIMENTACIÓN EN PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Curso recoñecido de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade


Data de realización: 10 de marzo de 2018
Lugar de Realización: Santiago de Compostela, Centro Abanca Praza de Cervantes.
Horario: 09:30 a 13:30 e de 14:45 a 18:45
Número de prazas: 100

Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.


Prazo de inscrición: ata o 15 Febreiro. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso.

Obxectivo: Dar a coñecer as dificultades de alimentación que poden presentar as persoas con TEA e adquirir estratexias para a súa intervención.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 08 Febreiro 2018 11:36

WELCOME TO THE SPECTRUM- BENVIDO AO ESPECTRO

Correo-e Imprimir PDF

 

 

XORNADAS DO DÍA INTERNACIONAL DO SÍNDROME DE ASPERGER.

O 17 de Febreiro deste ano, Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia) e a Federación Autismo Galicia únense para presentar unha xornada innovadora, na que "escoitando aos expertos" aprenderemos o necesario que é un cambio de perspectiva no ámbito da intervención das persoas que se atopan dentro do espectro do autismo.


O noso obxectivo é a educación, visibilización, concienciación e reivindicación. Con esta perspectiva, serán persoas dentro do Espectro do Autismo/Neurodiversidad, as que, como expertos pertencentes a diferentes ámbitos, presenten os seus propios relatos nos que, baseándose na súa experiencia real, axuden á sociedade a comprender as súas características e necesidades como colectivo. Así mesmo, a xornada pretende crear un espazo de debate, no que se intercambien e compartan experiencias, opinións e visións en torno ao Espectro do Autismo/Neurodiveridad.


Entre os relatores confirmados destaca Carmen Molina, presidenta de SINTENO (Asociación para o Lecer e a Inclusión Social) e diagnosticada de síndrome de Asperger; Francesc Marzo Bellot, escritor con síndrome de Asperger, autor de tres libros, o último de poemas e recentemente publicado "Oxímoron, entre o autismo e a mística"; Daniel Jones, creador da canle de Youtube "The Aspie World", con case de 25.000 suscritores, onde achega a súa visión desde a súa propia experiencia como persoa con Asperger; Francisco Violat, astro físico, músico e autor de novelas e artigos científicos e Mª da Carmen López Pérez, socia de ASPERGA desde 2011, nai dun mozo con síndrome de Asperger e diagnosticada ela mesma na idade adulta.


En clausúra celebrarase unha mesa redonda na que se debaterá sobre o sistema educativo e a necesidade dun cambio de perspectiva na educación e a necesidade de contar coa opinión e asesoramento das propias persoas que se atopan dentro do espectro para así mellorar a educación e facela realmente inclusiva. A mesa contará con dous expertos diagnosticados con Síndrome de Asperger, un representante do sistema educativo, unha representante de Dirección Xeral de Educación da Xunta de Galicia e un moderador experto en educación especial e en trastornos do espectro do autismo.

INSCRIPCIÓNS: PREME AQUÍ.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 08 Febreiro 2018 11:37

Páxina 7 de 122

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.