autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

AUTISMO GALICIA entrevista a REBECA CABRERA URQUÍA

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

ENTREVISTA a REBECA CABRERA URQUÍA

La Federación Autismo Galicia lleva acabo entre otras acciones Programas de Información y Formación tanto a profesionales como a las familias de personas con Trastorno del Espectro del Autismo (TEA) para dar respuesta a las necesidades que su contexto manifiesta. Una de las prioridades estratégicas es la formación dirigida tanto a profesionales de las entidades asociadas, como a profesionales externos. Contamos con una gran demanda formativa de profesionales del ámbito educativo para dar respuesta a sus crecientes necesidades de atención a las personas con Trastorno del Espectro Autista.

 

 

Dentro de este marco se ha desarrollado el Curso TRASTORNOS DE ALIMENTACIÓN EN PERSONAS CON TRASTORNO del ESPECTRO AUTISTA, impartido por Rebeca Cabrera, especialista en la atención a niños y niñas con Autismo.

Tuvimos la oportunidad de poder hablar con ella y que nos contestara las siguientes preguntas:

 

¿Qué problemas de alimentación están asociados a los niños con TEA?

Podemos encontrar problemas de alimentación a todos los niveles. En la forma de comer, en el procesamiento de las texturas, en la masticación, en la deglución, etc.

No existe un único problema, o una única dificultad que se relacione directamente con el Autismo. Las dificultades de alimentación exigen una mirada limpia, una visión que nos haga ver más allá del autismo, para poder detectar las dificultades de forma más eficaz.

 

 

¿A qué es posible que se deban las alteraciones en alimentación en las personas con TEA?

Los niños con TEA presentan las mismas dificultades de alimentación que se presentan como posibles en cualquier otro diagnóstico. Entre ellas encontramos causas conductuales, sensoriales, cognitivas y, las más frecuentes, una combinación, en distintos grados, de las causas anteriores.

 

Última actualización en Jueves, 22 de Marzo de 2018 12:22

A Federación Autismo Galicia visita o Concello de Mondariz

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

 

A Federación Autismo Galicia visita as instalacións do Concello de Mondariz facendo os seus espazos máis accesibles

 

Os Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), que afectan hoxe en día a 1 de cada 100 nenos, caracterízanse por dificultades na comunicación social e na linguaxe, o que afecta á súa capacidade para relacionarse e comprender o mundo que os rodea.

 

Con todo, estas persoas teñen un excelente pensamento visual, polo que a información presentada de forma visual en forma de  pictogramas resúltalles de gran axuda para comprender a súa contorna.

 

Co obxectivo de facilitar a inclusión social das persoas con TEA e o seu acceso aos servizos públicos, a Federación Autismo Galicia visita os espazos públicos obxecto de adaptación do Concello de Mondariz.

 

Este proxecto, que conta co apoio de Fundación ONCE e a Xunta de Galicia, facilitará o acceso das persoas con autismo a lugares públicos a través da sinalización con  pictogramas e promoverá o coñecemento dos sistemas alternativos e  aumentativos de comunicación.

 

Última actualización en Jueves, 28 de Junio de 2018 09:35

Curso OS PROBLEMAS DE INTEGRACIÓN SENSORIAL NO/A NENO/A CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

Curso OS PROBLEMAS DE INTEGRACIÓN SENSORIAL NO/A  NENO/A  CON TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Curso recoñecido de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade

 

Lugar de realización: Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes
Data de realización: 21/04/2018
Número de horas: 8
Número de prazas: 100
Prazo de inscrición: Ata o 27 de marzo
Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA
Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancario para facer ingreso.


PROGRAMA

Obxectivos:

Obxectivo xeral:

Proporcionar formación aos profesionais e familias relacionadas co Trastornos do Espectro Autista, en aspectos básicos e prácticos sobre o impacto dos problemas de integración sensorial no Colectivo.


Obxectivos específicos:

• Coñecer e identificar as particularidades e potencialidades de cada persoa, detectando posibles problemas de integración sensorial que interfiran na dinámica da aula e do fogar.
•  Comprender a importancia dos procesos sensoriais na aprendizaxe e desenvolvemento do neno/a.
• Coñecer e desenvolver sinxelas estratexias e técnicas que faciliten ao neno/á posibilidade de dar respostas educativas adaptadas ás demandas do medio escolar, e o fogar posibilitando un mellor desempeño nas tarefas académicas e en actividades cotiás da súa vida.

Os nenos e nenas con TEA atopan a diario  dificultades para integrar a información que chega do ambiente e do seu propio corpo para dar unha resposta adaptada ás demandas da contorna.

Estas dificultades de integración da información sensorial dificultan o seu desenvolvemento e interferen na adquisición das aprendizaxes. Estas dificultades, que adoitan atoparse “enmascaradas” ou tradicionalmente abordáronse como un síntoma dunha determinada síndrome ou patoloxía (estereotipias, rixidez, hiperactividade, agresividade, etc.), poden atopar a súa orixe nunha Disfunción de Integración Sensorial (DIS). Cando o sistema nervioso do/a neno/a atopa dificultades para organizar a información sensorial, observamos que o/a  neno/a ve interferidas as súas destrezas de aprendizaxe, as súas relacións sociais ou as súas competencias psicomotrices.

Desde o modelo da integración sensorial preténdese achegar unha nova mirada a estas dificultades, así como dotar de sinxelas ferramentas para detectar e dar resposta ás necesidades dos/as nenos/ as con Disfunción na Integración Sensorial, mantendo un nivel de alerta e un estado emocional que favorecerá unha resposta máis adaptada e que facilite as aprendizaxes e un adecuado desenvolvemento.

 

Última actualización en Martes, 13 de Marzo de 2018 10:21

ASPERGA e Autismo Galicia afondan no espectro do autismo e a neurodiversidade no Día Internacional da Síndrome de Asperger

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

ASPERGA e Autismo Galicia afondan no espectro do autismo e a neurodiversidade no Día Internacional da Síndrome de Asperger

 

ASPERGA (Asociación Galega de Asperger) e a Federación Autismo Galicia organizaron o pasado 17 de febreiro as xornadas "Welcome To The Spectrum / Benvido Ao Espectro" que se celebraron na Cidade da Cultura de Galicia, co motivo do Día Internacional da Síndrome de Asperger, do 18 de febreiro.

 

Os obxectivos desta xornada enmárcanse no eido da educación, visibilización, concienciación e reivindicación. Con esta perspectiva, foron persoas dentro do espectro do autismo e a neurodiversidade as que, como expertos pertencentes a diferentes ámbitos, presentaron os seus propios relatorios nos que, baseándose na súa experiencia real, aporten á sociedade a comprensiónd as súas características e necesidades como colectivo.  Así mesmo, a xornada foi determinante para crear un espazo de debate, no que se intercambien e compartan experiencias, opinións e visións en torno ao espectro do autismo a e a neurodiversidade.

 

Contou con ponentes como Carmen Molina, presidenta de  SINTENO (Asociación para o Lecer e a Inclusión Social) e diagnosticada de síndrome de  Asperger; Francesc Marzo  Bellot, escritor  con síndrome de Asperger, autor de tres libros, o último de poemas e recentemente publicado “Oxímoron, entre o autismo e a mística”; Daniel Jones, creador da canle de  Youtube “The  Aspie  World”, con perto de 25.000 suscritores, onde achega a súa visión desde a súa propia experiencia como persoa con  Asperger; Francisco A. Violat, astrofísico, escritor de narrativa e colaborador daa revista científica “Fronteras de la Ciencia”;  e Mª del Carmen López Pérez, socia de ASPERGA desde 2011, nai dun rapaz con síndrome de Asperger e diagnosticada ela mesma na idade adulta.

 

Explorar as formas de pensar e percibir o mundo de diferentes persoas con autismo axudounos a comprender mellor a diversidade de nosa propia natureza. Tendo en conta que o TEA afecta de maneira fundamental á esencia social da persoa, e que por esta razón estas dificultades entrañan un desafío especial á hora de participar de maneira activa na sociedade, é unha obrigación de todos recoñecer que as persoas con TEA poden e deben exercer os seus dereitos de maneira activa. Estas xornadas foron reflexo diso.

Dereitos que só poden alcanzarse se se traballa desde a combinación das necesidades das persoas, a abordaxe en diferentes contextos, e o traballo en redes desde unha perspectiva de futuro prometedor, positivo e comprometido.


"Welcome to the spectrum"


Os diferentes relatores da mañá puxeron de manifesto os condicionantes sociais.


A sociedade está establecida baixo unha serie de normas e códigos que nos fai parecernos os uns aos outros, impomos condicións sociais que aos neurotípicos dannos seguridade pero ás persoas con TEA créalles desconcerto. Carmen López, dicíanos que "a verdade está en observar, sen xulgar, sen ideas preconcibidas". Falábanos de cuestionarnos esta forma de educar, de vivir e de expornos un enfoque máis puro, como o que poden facer as persoas con autismo. Unha sociedade que permite a neurodiversidad, a súa participación e sobre todo adáptase e traballa en adaptarse ás características individuais.

Por outra banda, quedou patente que a creatividade, como outras moitas capacidades, non é algo alleo ás persoas con autismo. En efecto, a súa particular percepción da realidade favorece esta cualidade, como nos quedou claro na intervención de Francesc Marzo.

Temos que deixar ás persoas con TEA expresarse, respectar as súas necesidades, ter un espazo e gozar de todo o que teñen para achegar. Seguimos tendo estigmas, tamén dentro do propio colectivo, e cada un ten que escoller o seu lugar. Respecto tamén fundamental e necesario do tratamento do tema desde os medios de comunicación.

E xa finalizando a mañá, Francisco Violat falábanos do alivio que supuxo para el o diagnóstico. Esas respostas que algunha vez chegan por un diagnóstico imprevisto ou respostas despois dunha longa peregrinaxe de dificultades.

As dificultades para desempeñarse de forma autónoma ou no día a día, foron contadas por Francisco de forma amena, auténtica e veraz.  A súa capacidade e as estratexias que ha ido creando para superar obstáculos, trouxeron un sopro de optimismo, que se completan co apoio da familia e o movemento asociativo, no seu caso de Asperga.

 

 

Última actualización en Jueves, 22 de Febrero de 2018 13:20

Página 6 de 122

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.