autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Federación Autismo Galicia asina o Convenio de colaboración coa Consellería de Política Social.

Correo-e Imprimir PDF

 

A Federación Autismo Galicia asina o Convenio de colaboración coa Consellería de Política Social para a promoción da atención a persoas con autismo e mantemento da Federación para o ano 2019.


Ao acto de firma coa Conselleira de Política Social, Dna. Fabiola García Martínez asistiu o vicepresidente da Federación Autismo Galicia, Luis González, que xunto cos representantes das entidades do CERMI-Galicia, manifestaron a importancia destes convenios para o mantemento das nosas redes de traballo e de continuar incrementando recursos destinados á atención á discapacidade.

 

 

Última actualizaciónfeita en Venres, 05 Abril 2019 13:23

#DíaMundialAutismo. As familias e persoas con TEA revindican as súas necesidades no Parlamento de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

No #DíaMundialAutismo A Federación Autismo Galicia, trasladou as inquedanzas do colectivo e reclamou as necesidades e demandas necesarias para as familias e persoas con #TEA. #Autismo.

 

 

A presidenta da Federación Autismo Galicia, Mª José Álvarez Folgar, remarcou como fundamental a variabilidade do espectro e as necesidades que isto conleva para as persoas, O crecente índice de prevalencia que afecta a necesaria creación de novas plazas, pola saturación dos servizos, recalcando como prioridade o reforzo nos distintos contextos, servizos e recursos.

Foi o marco idóneo para facer unha chamada a todos os grupos parlamentarios, a poñerse en marcha, xunto coa sociedade e todo o aparato lexislativo, o goberno, a universidade, e sociedade civil, unidas nunha estratexia común. Pedindo o compromiso de todos e todas para asegurar a atención integral e específica do colectivo.

 

 

Todo isto foi recollido tamén na lectura do manifesto, a cargo de José Manuel Lamas Cepeda da xunta directiva da Asociación Asperga (Asociación Síndrome de Asperger Galicia), como portavoz das persoas con Tea.

E durante á súa intervención, Fabiola García sinalou que a estratexia de TEA é un documento que converteu a España en pioneira a nivel europeo neste ámbito, polo que pediu ao Goberno central que aprobe un plan de acción para que esta sexa realmente útil.

O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, reivindicou a utilidade de actos como o de onte para poñer o foco sobre a realidade do autismo e reclamou superar a estigmatización que en ocasións acompaña esta realidade.

 

#DiaMundialAutismo no Parlamento de Galicia.

O motivo do festexo do día mundial de concienciación  do Autismo no Parlamento de Galicia foi a posta en marcha do proxecto de accesibilidade cognitiva coa Federación Autismo Galicia, mediante  actuacións dirixidas a favorecer a accesibilidade universal da comunicación e información no Parlamento de Galicia.

 

A visita guiada

Para o mesmo acto do día 2 de abril, leváronse a cabo accións de asesoramento e creación de  recursos para a adaptación cognitiva da visita guiada ao parlamento.

Ao termo do acto fumos invitados a visita guiada que contou cun percorrido polas salas, polo espazo expositivo, e para finalizar tomamos o  hemiciclo, nun peche do percorrido moi interactivo, onde as familias e persoas con TEA reivindicamos novamante as nosas inquedanzas dende os escaños dos grupos parlamentarios.

 

 

Non podemos estar máis agradecidas a todas e cada unha das persoas que estiveron apoiando o acto, xa que o día 2 de abril mostramos aos grupos parlamentarios a forza e as gañas de seguer loitando polos nosos dereitos.

Un colectivo unido, nais, pais, familias, entidades, persoas con TEA, técnicos, traballadores e traballadoras que día a día saben e coñecen o moito que aínda queda por facer e por conquistar polos dereitos fundamentáis das persoas con Tea.

 

Onte fixemos un pulso no que quedou ben claro o que queremos, que somos un colectivo forte, organizado e unido, e que estamos dispostos a facernos escoitar e a seguir adiante na procura dos recursos necesarios para todas e cada unha das persoas con TEA.

 

Seguimos!!!! e o facemos cada día.

Aperta e grazas!!!

Última actualizaciónfeita en Mércores, 03 Abril 2019 14:11

AXENDA XERAL dos ACTOS OFICIAIS da Federación Autismo Galicia para o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Correo-e Imprimir PDF

 

AXENDA XERAL dos ACTOS OFICIAIS da Federación Autismo Galicia para o DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

 

Venres 29 de Marzo do 2019

 

PONTEAREAS

Presentación de Curtas de Animación de Miguel Gallardo.

Dirixido a todas as clases de terceiro e cuarto de primaria dos Centros de Ensino de Ponteareas.

Lugar: Auditorio Reveriano Soutullo. Ponteareas.

Hora: 10:30h

Organiza: Familias Azuis

 

 

Sábado 30 de Marzo do 2019

 

OURENSE

Proxección do vídeo "Contamos", creado na Asociación Trascos onde os nenos e nenas explican as características e necesidades das persoas con TEA e a campaña "I ∞ autismo. Unha dinámica nova para e autismo".

Lugar: Asociación TRASCOS. Ourense

Organiza: TRASCOS

 

Luns 1 de abril de 2019

 

LUGO

ACTO INSTITUCIONAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA na Rede Museística de Lugo.

INAUGURACIÓN DA MOSTRA UN DE CEN #1de100 na Rede Museística de Lugo.

No marco da celebración do día Mundial do Autismo a mostra UN DE CEN será inagurada na Rede Museística de Lugo, no seus 4 museos simultaneamente.

A inauguración e o acto poñen en relevancia a importancia das diversas accións do tecido asociativo galego das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, a función  de cohesión e representación da Federación Autismo Galicia na labor de recoñecemento das necesidades das persoas con Tea e as súas familias, e a interlocución  continua que mantemos coa administración e con outros axentes políticos e socias.

Incluír como estratexia de acción a Inauguración da Mostra 1de100, e darlle o tratamento que require neste marco e nun día que ten que incidir na visibildade das persoas con TEA e as súas familias, así como a reflexión duna sociedade máis xusta coa diversidade.

 

Lugar: Museo Provincial de Lugo

Hora: 13:00 h

Organiza: Federación Autismo Galicia

 

 

LIGHT IT BLUE

Durante o paso á noite ao 2 de abril asistiremos ao acendido en cor azul  de numerosos monumentos e fachadas da nosa comunidade.

Mais info : https://diamundialautismo.com/iluminalo-de-azul/

 

 

 

Martes 2 de abril do 2019

 

2 ABRIL / DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

“I ∞ autismo. Unha dinámica nova para o autismo”

 

ACTO INSTITUCIONAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA NO PARLAMENTO DE GALICIA.

Preside o acto de Conmemoración do Día Mundial do Autismo, o Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Santalices Vieira. No acto poñerase voz ao manifesto do movemento asociativo do Autismo do Autismo.

Programa do Acto

 

  • Palabras de benvida do Excmo. Sr. D. Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia.
  • Palabras de Dª María José Álvarez Folgar, presidenta da Federación Autismo Galicia
  • Lectura do Manifesto do Día Mundial do Autismo, a cargo de José Manuel Lamas Cepeda.
  • Palabras de Dª Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social
  • Peche do acto polo Presidente do Parlamento
  • Percorrido guiado polo Parlamento,  e adaptado as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

 

Hora: 10:00 h

Lugar:Parlamento de Galicia. Santiago de Compostela

*A asistencia a este acto require inscrición previa.

 

SANTIAGO

Visita institucional da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional,

Srª. Carmen Pomar ao Colexio Duques de Lugo de Santiago de Compostela.

Lugar: Colexio Duques de Lugo. Santiago de Compostela

Organiza: Aspanaes

 

Última actualizaciónfeita en Venres, 05 Abril 2019 13:02

ACTO INSTITUCIONAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA na Rede Museística de Lugo.

Correo-e Imprimir PDF

 

ACTO INSTITUCIONAL DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA na Rede Museística de Lugo co gallo do DÍA MUNDIAL da CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

INAUGURACIÓN DA MOSTRA UN DE CEN #1de100 no Museo Provincial de Lugo

DATA: Luns, 1 de abril de 2019, de 13:00h a 14:00h.

 

No marco da celebración do día Mundial do Autismo a mostra UN DE CEN será inagurada na Rede Museística de Lugo, no seus 4 museos simultaneamente.

A inauguración e o acto poñen en relevancia a importancia das diversas accións do tecido asociativo galego das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, a función  de cohesión e representación da Federación Autismo Galicia na labor de recoñecemento das necesidades das persoas con Tea e as súas familias, e a interlocución  continua que mantemos coa administración e con outros axentes políticos e socias.

Incluír como estratexia de acción a Inauguración da Mostra 1de100, e darlle o tratamento que require neste marco e nun día que ten que incidir na visibildade das persoas con TEA e as súas familias, así como a reflexión duna sociedade máis xusta coa diversidade.

 

 

Programa do Acto

 

12:45.- Chegada dos invitados.

13:00.- Comezo do acto  que será conducido por as  correspondentes representantes da Deputación de Lugo da área de Cultura e Asuntos Sociais.

 

  • Palabras da Psicóloga da Federación Autismo Galicia, Cristina Couto.
  • Lectura do Manifesto do #DíaMundialAutismo pola directiva da Asociación Capaces Lugo, Ángeles Fernández.
  • Palabras da representante da Xunta directiva da Federación Autismo, Galicia Marisol García Penalta.
  • Peche do acto a cargo das correspondentes representantes da Deputación de Lugo da área de Cultura e Asuntos Sociais.
  • Breve visita guiada a mostra a cargo de Adriana Pazos encargada de Comunicación da Federación Autismo Galicia.

 

13:45h.- Previsión de remate do acto

 

 

Última actualizaciónfeita en Venres, 29 Marzo 2019 17:05

Páxina 4 de 133

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.