autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Ames únese ao proxecto de accesibilidade cognitiva de Autismo Galicia coa colocación de 521 pictogramas na contorna urbana

Correo-e Imprimir PDF

 

Cristina Couto, psicóloga de Autismo Galicia, a concelleira de Sanidade do concello de Ames, Luisa Feijóo e Susana Soto, Traballadora Social de Autismo Galicia, dende a esquerda

Os edificios públicos do concello de Ames serán, a partir de hoxe, máis comprensibles para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) grazas ao programa de accesibilidade congnitiva promovido pola Federación Autismo Galicia e que suma máis de 2.000 pictogramas colocados en toda a Comunidade.

Desta forma os dous principais núcleos de poboación, Milladoiro e Bertamiráns contan desde este xoves con 521 pictogramas nos espazos e zonas máis emblemáticas do municipio. Son os seguintes:

Bertamiráns: Casa do Concello, Casa de Cultura, Servizos Sociais, Biblioteca, Piscina Municipal A Telleira, Pavillón deportivo de Bertamiráns

Milladoiro: Oficinas Xerais e Servizos Sociais, Casa de Cultura, Pavillón deportivo
Biblioteca Municipal

Recordamos que as persoas con TEA son pensadores visuais, polo que comprenden mellor a información que se lle presenta de forma visual. Por iso, para facer a súa contorna máis accesible utilízanse os pictogramas, que son debuxos sinxelos que representan obxectos e accións de xeito simplificado. Ademais, esta anticipación con imaxes favorece a comprensión tamén de persoas con dificultades cognitivas como persoas maiores, estranxeiros e a calquera persoa que poida ter dificultades de comunicación.

Cristina Couto, responsable do Área de Programas e dúas técnicas da Federación Autismo Galicia foron as encargadas da colocación destes pictogramas que se estenderá ao longo do día de hoxe e mañá venres, contando en todo momento co apoio e a implicación do concello de Ames, concretamente da concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e da súa concelleira Luisa Feijóo.

Por outra banda, o sábado, 20 de maio, terá lugar tamén no concello de Ames unha xornada sobre Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), na que se darán a coñecer os resultados dun estudo, levado a cabo polo investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Marcos Pinaque, sobre o grado de implicación socioeducativa das persoas con TEA na provincia da Coruña.

Última actualizaciónfeita en Xoves, 18 Maio 2017 13:43

Unha xornada formativa en Ames analiza o grao de inclusión socieducativa das persoas con TEA

Correo-e Imprimir PDF

O concello de Ames acolle o 20 de maio unha xornada formativa na que se porá de manifesto o grao de coñecemento que teñen os traballadores das institucións culturais da provincia da Coruña sobre o TEA. Esta xornada está organizada polo investigador da USC, Marcos Pinaque, quen tras rematar os seus estudos de maxisterio deuse conta que non tiña a formación suficiente no ámbito de atención á diversidade e decidiu centrar a súa tese no autismo. Os resultados coñeceranse nestas charlas, na que participan expertos como Cristina Couto, psicóloga de Autismo Galicia e Xesús Rodríguez, profesor da USC e director da tese, entre outros.

 

O investigador da USC, Marcos Pinaque. Á dereita o programa da xornada que se pode consultar en www.culturizatea.es

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 18 Maio 2017 11:16

O Equipo Deletrea imparte unha segunda edición do curso ‘Medos e Fobias en persoas con TEA’ en Compostela

Correo-e Imprimir PDF

Autismo Galicia organiza unha segunda edición do curso ‘Autorregulación. Medos e Fobias en Persoas con TEA’  que se celebrará o vindeiro 10 de xuño en Santiago de Compostela. O curso será impartido por Sandra Freire e María LLorente, psicólogas do Equipo Deletrea tendo como obxectivo coñecer ás causas que motivan as situacións de medo e fobia nas persoas con TEA e as súas condutas asociadas como paso previo para o dominio de estratexias de intervención para mellorar as habilidades. A data de inscrición é do 8 de maio ao 19 de maio.

 

FORMULARIO DE INCRICIÓN NO CURSO: CLICA AQUÍ

PROGRAMA COMPLETO DO CURSO: CLICA AQUÍ

 

Última actualizaciónfeita en Xoves, 18 Maio 2017 11:16

Laura Escribano explica este sábado o modelo Alanda de intervención en contextos naturais a 100 alumnos

Correo-e Imprimir PDF

Laura Escribano, directora da Asociación Alanda, imparte, o 6 de maio en Santiago de Compostela, o curso ‘Intervención en Contexto Natural para persoas con TEA´, organizado por Autismo Galicia. As cen persoas participantes nesta xornada poderán formarse no modelo Alanda, que desperta un gran interese e que consiste en estar presente e actuar nas contornas fundamentais nas que viven as persoas con TEA. Segundo explica a mestre e logopeda, Laura Escribano, “é un modelo complexo, versátil e dun traballo intenso, pero que proporciona resultados óptimos xa que as aprendizaxes teñen maior efectividade para a vida das persoas”.

 

Última actualizaciónfeita en Venres, 12 Maio 2017 09:25

Páxina 1 de 108

Este sitio utiliza cookies para mellorar a experiencia do usuario. Se non cambia a configuración do seu navegador, Vostede acepta o seu uso. + INFO.