autismogalicia.org

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
  • Español
  • Galician (Galego)

Federación Autismo Galicia

Próxima Xornada Educación e Autismo e Presentación da Revista MAREMAGNUM

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

XORNADA EDUCACIÓN E AUTISMO

Presentación revista MAREMAGNUM, nº22 - 2018

Fundación Menela e a Federación Autismo Galicia organizan en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Vigo, a Xornada Educación e Autismo.

Datas:

5 de outubro de 2018 | De 9.30h a 14.45h
Sede Afundación de Vigo | Sala de Conferencias | Policarpo Sanz, 24-26, Vigo

RESERVA A TÚA PRAZA

PARTICIPA / DIFUNDE hastag #EducaciónAutismo

 

PROGRAMA

09:30 – 10:00 h Presentación e inauguración da Xornada: D. Abel Caballero Álvarez, alcalde de Vigo. D. Cipriano Luis Jiménez Casas, Director xeral da Fundación Menela.

10:00 – 11:45 h  Mesa Redonda I: ¿Como abordar a singularidade dos alumnos con autismo? Presenta e modera: Dona Fátima García Doval.

  • “Autismo: máis alo da educación”. Dona Ana Rodríguez Díaz
  • “Modelo educativo ASPANAES e perspectiva educativa en Galicia”. Dona Ana Martínez Díez e Don Alberto José Silva López.
  • “Retos na comprensión das persoas con TEA”. Dona Susanna Olives Azcona.
  • “A inclusión como dereito”. Don Luis Ángel Fernández Barrio.

11:45 – 12:00 h Pausa Café

12:00 – 12:40 h Conferencia: “Situación do alumnado con autismo en España”.

  • Dona Ruth Vidriales Fernández. Directora técnica da Confederación Autismo España. Presenta: D. José Manuel Varela Rodríguez. Xerente Fundación Menela.

12:40 – 14:00 h  Mesa redonda II: Educación ordinaria, inclusiva, especial, combinada, aulas estables ou traballo en rede? Presentan e moderan: Dona Olga Alonso Suárez e Dona Nuria Aixandri Rotger.

  • “Traballo en rede, como resposta a complexidade dos TEA”. D. Josep Brun Gasca.
  • “Arredor da educación combinada para alumnos con TEA.” D. Ubaldo Vázquez Méndez.
  • “Experiencia en primaria dun neno con TEA”. Dona Sandra Agrafojo Lorente.

14:00 – 14:45 h Presentación do nº 22 da revista Maremagnum.

  • Dona María José Álvarez Folgar. Presidenta da Federación Autismo Galicia
  • D. Cipriano Luis Jiménez Casas, director       

Peche da Xornada: D. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.   

 

Última actualización en Miércoles, 19 de Septiembre de 2018 11:42

Autismo Galicia impartirá formación sobre as Funcións executivas nos TEA no próximo mes de outubro.

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

 

O Curso "Desenvolvemento das funcións executivas nos trastornos do espectro do autismo" será impartido por Ana González Navarro do Equipo Deletrea e está recoñecido como de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.


Lugar de realización: Santiago de Compostela. Centro Abanca Praza de Cervantes

Data de realización: 06/10/2018

Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:30

Número de prazas: 100

Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.

Prazo de inscrición: ata o 13 de setembro. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso.

 

Obxectivo xeral:

Identificar, avaliar e coñecer estratexias de intervención adecuadas ao desenvolvemento da función executiva.

 

Obxectivos específicos:

  • Establecer un marco de comprensión dalgúns procesos nurolóxicos alterados nas personas con TEA.
  • Coñecer as bases neurobiolóxicas das funcións executivas e da cognición social.
  • Analizar a relación entre as manifestacións condutuais e as alteracións nos procesos para comprender o seu impacto no Trastorno do Espectro do Autismo.
  • Coñecer estratexias prácticas para a intervención.

 

 

PROGRAMA

1-Que son as funcións executivas

-          As funcións executivas son accións orientadas hacia un mesmo.

-          As función executivas permiten un comportamento flexible, especialmente ante novas circustancias.

-           As función executivas  reteñen a información na memoria de traballo e inhibir respostas prepotentes

-          As funcións executivas son necesarias para organizarse os propios pensamentos, as tarefas, as actividades, os materiais, o tempo, para seleccionar e marcarse obxectivos e para comprender e solucionar problemas.

 

Última actualización en Lunes, 17 de Septiembre de 2018 12:48

María José Álvarez Folgar é reelexida como Presidenta da Federación Autismo Galicia

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

 

A Federación Autismo Galicia celebrou hoxe, 21 de xullo de 2018, en Asemblea Xeral Extraordinaria eleccións para a designación dos membros da súa nova Xunta Directiva e Consello Asesor.

Co afán de seguir consolidando e implementando as necesidades que se requiren para acompañar o crecemento da federación e de todas as súas entidades, así como amparar  a continuidade da súa labor no apoio ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias, renovouse a confianza en María José Álvarez Folgar como Presidenta da Federación , quedando integrada a Xunta Directiva e Consello Asesor cos seguintes membros:

XUNTA DIRECTIVA

Presidencia: María José Álvarez Folgar. (ASPANAES)

Vicepresidencia: Luís González Rodríguez.(APA CASTRO NAVÁS)

Secretaría: Mª Soledad García Penalta.(ASPERGA)

Tesourería: José Manuel Varela Rodríguez. (APA CEE MENELA)

Vogal: Esperanza Domínguez Bautista. (AUTISMO VIGO)

CONSELLO ASESOR

Francisco Javier López González. (FUNDACIÓN AUTISMO CORUÑA)

Cipriano Luís Jiménez Casas. (FUNDACIÓN MENELA)


 

Última actualización en Sábado, 21 de Julio de 2018 12:52

Xornada das entidades membro do CERMI Galicia co grupo parlamentario En Marea

Correo Imprimir PDF
No hay traducciones disponibles.

 

Conclusións do plantexado pola Federación Autismo Galicia na xornada parlamentaria do CERMI Galicia co grupo parlamentario En Marea no debate da situación das necesidades das persoas con discapacidades. Dende a Federación Autismo Galicia, incidimos nas necesidades das persoas con TEA nas súas diversas áreas vitales e de desenvolvemento.

 

Educación

Na educación, primordial para garatir unha inserción efectiva na sociedade, reclamamos  a especialización, innovación e flexibilización das modalidades de escolarización, metodoloxías de ensinanza e apoios ao alumnado con TEA. Mellorando así mesmo a formación do profesorado para a atención educativa ás persoas con TEA. O incremento das alternativas e recursos dispoñibles e  a d ifusión e formación dos axentes educatios para unha plena aplicación do Protocolo de atención ao alumnado con TEA.

 

Prevalenza e necesidades específicas no ciclo vital

Se estimamos a atención que unha persoa con TEA precisa ao longo do seu ciclo vital e a tendencia de incremento do colectivo observamos como se pode xa preveer unha saturación dos servizos na actualidade que derivarán no futuro inmediato na inexistencia de oferta de servizos para as persoas adultas con TEA se non contamos con prazas de nova creación.

Avaliando o aumento da prevalenza nos últimos anos, nos que a  mellora dos procedementos e instrumentos de diagnóstico,  e o coñecemento e formación dos profesionais, ou mesmo un aumento real da incidencia deste tipo de trastornos, é necesario establecer, dende xa, protocolos e  programas de apoio individualizados e adaptados ás necesidades das persoas con TEA. Tendo sempre en conta a sintomatoloxía propia dos trastornos do espectro do autismo e as características persoais e específicas de cada persoa, de xeito que posibilite a adquisición e desenvolvemento das habilidades e capacidades necesarias para afrontar as múltiples dificultades e demandas que presenta esta nova etapa da vida.

Estudos consensuados noutros países establecen a prevaleza de 25 persoas con TEA por cada 10.000 cidadáns adultos e 1 caso de TEA por cada 100 nenos en idades escolares. Neles confírmase tamén que son máis frecuentes nos homes que nas mulleres (en proporción de 4:1) e que non existen diferenzas en canto á súa aparición nas distintas culturas ou clases sociais.

Isto implica unha crecente  saturación e demanda  dos servizos  e programas desenvoltos por Autismo Galicia e as súas entidades membro.

No caso das persoas atendidas e demandantes de atención da Federación, trasládase á nosa realidade este incremento de diagnósticos de TEA, sumando unha tendencia de incremento de arredor dun 25% de persoas atendidas en cada un dos últimos anos.

 

Última actualización en Lunes, 09 de Julio de 2018 13:20

Página 1 de 122

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de usuario. Si no cambia la configuración de su navegador, Ud. acepta su uso. + INFO.