Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/04/2024 | O alumnado con autismo aumenta un 13,13% no último curso escolar

O alumnado con autismo aumenta un 13,13% no último curso escolar

Un total de 4.944 alumnos/as con autismo cursan educación ordinaria e educación especial en Galicia. En xeral, a tendencia é dunha maior concentración do alumnado en educación ordinaria. En España hai identificados un total de 78.063 estudantes autistas, o que supón o 0,94% do alumnado xeral non universitario.

22/04/2024

• Segue sendo o máis prevalente entre aqueles con necesidades específicas de apoio educativo asociado á discapacidade, segundo os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte correspondentes ao curso 2022-2023.
• Hai identificados un total de 78.063 estudantes autistas, o que supón o 0,94% do alumnado xeral non universitario.
• O alumnado con autismo é maioritariamente masculino e case o 85% cursa os seus estudos na modalidade ordinaria.
• Este incremento ven producíndose de maneira continuada nos últimos 12 cursos escolares.
 
O alumnado con autismo é o máis numeroso do total con necesidades específicas de apoio educativo asociado á discapacidade. Representa xa o 29,71%, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deporte relativos ao alumnado non universitario escolarizado en Régimen Xeral correspondente ao curso 2022-2023. Estes datos xa incorporan desde o curso anterior a categoría específica de "trastorno do espectro do autismo".

A día de hoxe, hai identificados un total de 78.063 estudantes autistas, un 13,13% máis que no anterior curso escolar (2021-2022). Do total deste alumnado:

• 64.198 (82,24%) son nenos e 13.865 (17,76%) nenas.
• O 84,84% está escolarizado na modalidade ordinaria (66.226 estudantes) e o 15,16% en educación especial (11.837).
 
Os datos demostran que este incremento ven producíndose de maneira continuada nos últimos 12 cursos escolares. Así, pasouse de 19.023 alumnos/as autistas no curso 2011-2012 a 78.063 no curso 2022-2023, o que supón un incremento do 310,36%.

Ademais, o aumento do alumnado no espectro do autismo no período de referencia foi máis acusado na educación ordinaria (53.251 alumnos/as, o que supón un aumento do 410,4%) que na educación especial (5.789, o que supón un aumento do 95,7%).

No que respecta ao alumnado de educación especial, o 79,72% son nenos (9.436) e o 20,28% nenas (2.401). Na educación ordinaria, os nenos supoñen o 82,69% (54.762) e as nenas un 17,31% (11.464), polo que se observa un menor peso das nenas en educación ordinaria (17,31% fronte ao 20,28%) respecto á educación especial.

Outros datos de interese

A análise dos datos do curso 2022-2023 confirma outras tendencias xa identificadas en relación ao alumnado con autismo:

Supón xa o 0,94% do alumnado xeral non universitario.
Está escolarizado de forma máis frecuente nas primeiras etapas educativas, principalmente Infantil, Primaria e Educación Secundaria obrigatoria, con moi pouca presenza en Bacharelato e Formación profesional.
• Por sexo, concéntrase un maior porcentaxe de alumnas en educación infantil, mentres que o alumnado masculino concéntrase máis na ESO.
Os estudantes que cursan educación ordinaria concéntranse en centros públicos en maior medida que o alumnado de educación especial.

Descarga o informe

Podes acceder ao informe "Datos de alumnado xeral non universitario con trastorno do espectro do autismo. Curso 2022-2023" e descargalo neste enlace.
 
 
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias