Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 06/03/2024 | MULLERES NO AUTISMO: Desde a camuflaxe á falta de comprensión da súa condición.

MULLERES NO AUTISMO: Desde a camuflaxe á falta de comprensión da súa condición.

O autismo considerouse durante moito tempo unha condición predominantemente masculina, o que afectou á identificación e o diagnóstico das mulleres no espectro. O 42 % das mulleres e nenas con TEA recibiron antes un diagnóstico erróneo ou incompleto.
 

06/03/2024

As marcadas diferencias e erros no diagnóstico causados polo nesgo de xénero fixeron que se considerase que había unha muller por cada 4 homes con TEA. Pero as melloras no diagnóstico están mudando esta proporción, situándose en 3/1 ou incluso 2/1.
 
O 42% das  mulleres e nenas con autismo recibiron polo menos un diagnóstico erróneo antes de obter un diagnóstico de TEA. Falamos de diagnóstico erróneos ou incompletos como: esquizofrenia, trastornos de personalidade, trastornos psicóticos, trastornos de estado de ánimo, trastornos de ansiedade  xeneralizada, xeneralizada social Trastorno obsesivo-compulsivo (TOC), Trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), Trastorno bipolar,Trastorno por tics, síndrome de Tourette, mutismo selectivo ou outros: síndrome de fatiga crónica, trastornos do sono, etc.
 
Esta é unha realidade que afecta entre 140.000 - 295.000 nenas e mulleres en España.
A realidade do porque as mulleres diagnostícanse máis tarde é porque as características na muller require de unha maior observación e expresión dos síntomas para a súa valoración.
 
Concretamente, recoméndase prestar atención aos seguintes sinais
(Merino et ao., 2018):
 
  • Iniciativa social, pero dificultades para facer amizades  profundas ou íntimas.
  • Dificultades para o manexo das quendas de conversación ou a expresión non verbal.
  • “Ecolalia social”: elección dalgunha dos seus pares ou algún personaxe coñecido para copialas como estratexia de camuflaxe.
  • Pasividade ou excesiva reactividade emocional #ante inxustizas ou feitos que, en aparencia, non reverten tanta gravidade.
  • Dificultades para pedir desculpas e resolver conflitos, ou pola contra facelo en exceso.
  • Ausencia de intereses comúns aos seus iguais.
  • Inxenuidade ou vulnerabilidade a vivir situacións abusivas ou enganos. Inhibición ou desinhibición social.
  • Incapacidade de recoñecer as necesidades de persoas achegadas cando non son moi evidentes.
  • Dificultades para levar a cabo condutas prosociales espontáneas (ex. consolar ou pedir desculpas).
  • Dificultades para xestionar a vida independente: xestión do tempo, destrezas do fogar, asuntos laborais, xestión do diñeiro, alimentación etc.
  • Historial de vulnerabilidade a situacións de acoso e abuso.
  • Alteracións sensoriais que interfiren na consecución de metas cotiás relacionadas coa área laboral e de desenvolvemento profesional, así como na autonomía e interacción social.
  • Inflexibilidade ante cambios de rutinas non anticipados.
  • Dificultades para xestionar o erro, manexar desacordos, aclarar malentendidos e autorregular a conduta en situacións que aparentemente para os demais non reverten a mesma gravidade.
  • Perfeccionismo, intransixencia e/o alto sentido da xustiza social.
  • Sensación de cansazo cando hai encontros ou relacións sociais que se alongan, mesmo con persoas coñecidas (familiares ou amigos).

É importante traballar na deconstrución dos nesgos de xénero e avogar pola formación dos profesionais, adaptando os nosos apoios ás necesidades de nenas e mulleres con autismo.

A identificación tardía do TEA repercute negativamente e a longo prazo sobre o benestar emocional e psicolóxico das mulleres (Bargiela et al., 2016; Young et al., 2018). A pesar de que este é un ámbito de investigación emerxente, apenas se identificaron protocolos específicos que contemplen as diferenzas de xénero para a realización do diagnóstico en nenas, nenos, mulleres e homes.
 
Para corrixir as desigualdades de xénero que comportan os procesos de detección e diagnóstico do TEA, é imprescindible xerar coñecemento e promover boas prácticas profesionais que incorporen especificamente estes aspectos e que beneficien de maneira especial ás nenas e mulleres.
 

Con motivo do 8M Día da Muller, Autismo Galicia promove o coñecemento do TEA nas mulleres autistas.

É importante divulgar sobre a especificidade do TEA na muller para mellorar a detección e diagnóstico. En diferentes estudos de investigación, viuse que as mulleres poden ter diferencias na expresión dos síntomas en comparación cos homes. Co obxectivo de sensibilizar e concienciar elabóranse materiais e accións de promoción e difusión baixo o lema: Rompendo estereotipos, creando comprensión: Aprende sobre o autismo en mulleres.

  • Video testemuñas en primeira persoa, da Campaña #DiagósticoAutismo de Marina Caparrós, da Asociación Asperga.
  • Pdf descargables: Rompendo estereotipos, creando comprensión: Aprende sobre o autismo en mulleres.
  • Videodeclaracións do grupo de investigación de Medicina Xenomica do CIMUS. Promoción do estudo de validación de proba (CAT-Q) sobre a camuflaxe en mulleres. Esta proba poderá usarse de apoio xunto con outras ferramentas para ter unha imaxe más global da manifestación do TEA en mulleres.  Fundación Medicina Xenómica do CIMUS, a cargo de Sabela Conde-Pumpido Zubizarreta e María Tubío Fungueiriño.
  • Promoción da  Guía: A detección do TEA nas mulleres.
  • Artigo especifico sobre as caracteristicas do TEA nas Mulleres.

Guía: A detección do TEA nas mulleres.

Editorial Federación Autismo Galicia editou unha guía na que se describen moitas das condutas máis específicas nas mulleres con tea e recursos que poden axudar neste proceso de coñecemento. Consulta ou descarga a Guía: A detección do TEA nas mulleres.
 
 

Participa no Proxecto de investigación: "Avaliación da Camuflaxe de Síntomas Asociados ao TEA na Poboación Española: Validación del CAT-Q-Spanish."

 
O grupo Genomics and Bioinformatics do CiMUS e o grupo de Medicina Xenómica ten unha  liña de investigación para validar o cuestionario CAT-Q-ES para a poboación española. Trátase de unha ferramenta de apoio ó diagnóstico do autismo que mide o camuflaxe de xestos autistas en contextos de interacción social.
 
 
 
 
 
 
 
 

SERGAS: Actividades financiadas polo convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.
 
 
 

 

 

 
 
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias