Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/03/2024 | No Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2024, as entidades da Federación Autismo Galicia unímonos para recoñecer e visibilizar a diversidade do autismo.

No Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2024, as entidades da Federación Autismo Galicia unímonos para recoñecer e visibilizar a diversidade do autismo.

Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2024, elevamos as voces como mostra de solidariedade e compromiso coas persoas con autismo e as súas familias. Porque, todos os días, o autismo está cerca de ti. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

27/03/2024

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, unha data instaurada por Nacións Unidas para visibilizar ás persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e contribuír a promover o exercicio efectivo dos seus dereitos.
O autismo está máis cerca do que imaxinamos; está presente nos nosos fogares, escolas, lugares de traballo e comunidades. É unha parte inseparable da diversidade humana e, por isto, resulta fundamental que toda a cidadanía recoñeza a súa presenza cotiá.
O autismo maniféstase de maneira diferente en cada persoa que o presenta e non sempre é facilmente identificable a primeira vista. Por isto, podemos ter cerca a alguén que está no espectro do autismo e non sabelo: un familiar, un amigo, un compañeiro de clase do noso fillo ou filla, unha persoa da nosa contorna de traballo...
 
No noso país, esta condición ten unha prevalencia aproximada de 1 de cada 100 nacementos, unhas 27.000 persoas con autismo en Galicia e unhas 470.000 en España.
 
Por isto, queremos facer un chamamento a un compromiso colectivo que celebre a diversidade e contribúa a promover a inclusión real de todas as persoas na nosa sociedade. Porque o autismo é unha parte natural e valiosa da diversidade humana e está presente, de unha forma ou outra, na vida de todas as persoas.
O Día mundial do Autismo é un día para que todos e todas estendamos a man e nos comprometamos a traballar xunto coas persoas autistas para construír un mundo máis inclusivo, equitativo e participativo. Porque xuntas podemos crear un futuro onde a diversidade sexa celebrada, a inclusión sexa a norma e cada persoa, independentemente da súa condición, poida prosperar e ser valorada.
Neste Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2024, elevamos as voces como mostra de solidariedade e compromiso coas persoas con autismo e as súas familias. Porque, todos os días, o autismo está cerca de ti.
 
As entidades da Federación Autismo Galicia únense nunha axenda conxunta de propostas, incitivias e accións de comunicación, que enchen as rúas, os centros e as redes sociais. 
 

ACTIVIDADES DAS ENTIDADES DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA PARA O DÍA MUNDIAL AUTISMO 2024

A Federación Autismo Galicia no marco do Dia Mundial do Autismo.

A Federación Autismo Galicia pola súa parte ten previsto un acto insitucional no que celebra o Día Mundial de concienciación sobre o Autismo dando visibilidade aos servizos de Diagnóstico, Atención Temperá, Atención e Habilitación Psicosocial, e servizos de apoio as persoas con autismo e familias, coa visita ao centro CAMI de Fundación Menela.
 
A visita organizada pola Federación Autismo Galicia, no marco do Dia Mundial do Autismo pretende facer un achegamento dende as necesidades de servizos para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), fortalecendo o noso compromiso coa mellora da atención, e promovendo o seu benestar integral, incidindo na importancia da colaboración coas distintas entidades e o apoio da administración, para seguir avanzando e construíndo un futuro cada día máis xusto para as persoas con TEA.
 
Porque como di o lema da campaña deste ano o “Autismo está cerca de ti”, e cada día crece a prevalencia, estimando que pode haber case 27.000 persoas con autismo na comunidade galega.
 
Para garantir a súa calidade de vida, as persoas con TEA, especialmente aquelas con máis necesidades de apoio, necesitan acceder a unha serie de servizos individualizados, específicos e especializados que deben ir adaptándose en función da etapa do desenvolvemento na que se atopen, así como das experiencias que fosen adquirindo ao longo da súa vida.
 
Ademais, debemos ter en conta que o TEA non impacta só en quen o presenta, senón tamén na súa familia. Sendo a familia a fonte de apoio principal para as persoas con autismo, é indispensable tamén atender as súas necesidades, contribuíndo así a garantir o seu benestar emocional e a súa calidade de vida.
 
Durante a visita aos servizos do edificio CAMI, revelaremos tamén un gran fito para a comprensión social do autismo sumándonos ao novo paradigma de respecto á neurodiversidade.
 
Ademais destas accións que inciden na visibilización das necesidades e dereitos do colectivo, a xunta directiva da Federación Autismo Galicia e persoas con autismo, trasladarán á Consellería de Política Social, as demandas do colectivo TEA para este novo mandato da administración. 
 

#AutismoCercaDeTi

Como todos os anos sumámonos a campaña do colectivo do Autismo en España liderada pola Confederación Autismo España.

“Autismo Cerca De Ti” é o lema da campaña do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que se celebra o vindeiro 2 de abril; unha campaña promovida polo movemento asociativo que pon o foco na prevalecía do autismo e en visibilizar as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) que están ao noso carón, perseguindo xerar un cambio de actitude na cidadanía que desemboque na comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas con autismo e as súas familias.
 
Cada ano, o movemento asociativo do autismo en España promove unha campaña de sensibilización co obxectivo de que a cidadanía coñeza mellor a especificidade do autismo, empatice coas persoas no espectro e as súas familias, e contribúa así a mellorar a súa calidade de vida e a participar na sociedade en igualdade de condicións.
 
Autismo Galicia súmase tamén a esta campaña na que se convida á sociedade para facer o SIMBOLO DO INFINTIO e compartilo nas redes sociais O símbolo do infinito de cores está moi vinculado coa propia descrición do termo autismo O autismo non é lineal, senón que é un espectro, unha condición diversa.
 
Aínda que as persoas autistas comparten o mesmo diagnóstico, cada unha delas é diferente ás demais e ten as súas propias capacidades, necesidades e intereses. Por iso, precisa duns apoios individualizados e especializados que se axusten a cada etapa do seu ciclo vital para promover a súa participación social en igualdade de condicións. 
 
 
 
 
 

 

 
 
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias