Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 19/03/2024 | A importancia da figura do Traballo Social no proxecto de vida das persoas con TEA e as súas familias. Refelxións de Ana Ponte Suárez traballadora de Aspanaes

A importancia da figura do Traballo Social no proxecto de vida das persoas con TEA e as súas familias. Reflexións de Ana Ponte Suárez traballadora de Aspanaes

Nun día como hoxe é preciso expoñer a labor dos Traballadores Sociais como os especialistas que traballamos coa realidade social e impulsamos a garantía dos dereitos sociais.

19/03/2024

O 19 de marzo de 2024 celébrase o día da profesión do Traballo Social. Esta profesión basease na promoción do cambio social, na resolución de problemas, no fortalecemento e liberación da cidadanía, así como o recoñecemento dos dereitos humanos sen discriminación, conseguindo o benestar social (CGTS, 2012).
 
Nun día como hoxe é preciso expoñer a labor dos Traballadores Sociais como os especialistas que traballamos coa realidade social e impulsamos a garantía dos dereitos sociais.
 
Moitas persoas ven aos profesionais do Traballo Social como meros administradores de recursos pero a realidade é que os e as Traballadores Sociais son a peza fundamental para fortalecer e xerar músculo do movemento asociativo.
 
Dende Aspanaes o equipo de Traballo Social acompaña as persoas con TEA durante todo o ciclo vital, dende a etapa temperá, pasando pola etapa educativa, ata chegar á vida adulta a través da rede de centros e servizos especializados que conta a nosa entidade.
 
Centramos a nosa intervención coas familias dun xeito 360º, xa que consideramos que para que a persoa con TEA teña unha calidade de vida tamén é necesario traballar coas persoas da súa unidade familiar e co seu contexto. O camiño para crear un ambiente axeitado, que reforce o proceso de intervención en persoas diagnosticadas con TEA, debe traballarse en equipo coa familia, xa que moitas séntense perdidas e non teñen coñecemento sobre os recursos aos que teñen dereito para garantir a igualdade de oportunidades.
 
O equipo de Traballo Social de Aspanaes, aborda as inquietudes plantexadas polas familias, acompañámolas, deseñamos e implantamos estratexias de intervención personalizadas, coordinámonos con distintos ámbitos e institucións, respondendo así a unha acción coordinada e cooperativa coas distintas administracións. Ademais, os profesionais do Traballo Social somos os referentes e unha figura de apoio, onde as persoas poden acudir, sentirse escoitadas, sen medo a ser xulgadas, xerándose un círculo de confianza.
 
O lema deste ano é “Bo vivir: futuro compartido para un cambio transformador”, debemos poñer en valor o respecto da diversidade, xa que é o pilar básico do noso desempeño, temos que loitar contra o prexuízo que vive o colectivo TEA para acadar xustiza social e unha sociedade onde a diversidade sexa a panca transformadora.
 
 
Ana Ponte Suárez traballa en Aspanaes. É graduada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela e ten un máster en Cultura de Paz, Conflitos, Educación e Dereitos Humanos na Universidade de Cádiz.
 
 
Referencias:
 
 
 
 
 
 
 

Esta publicación forma parte do Proxecto Axenda de Contidos de interese dentro do Programa de Incidencia Social da Federación Autismo Galicia e forma parte da Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias