Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 25/03/2024 | Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN ASPANAES
Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO COA ASOCIACIÓN ASPANAES
Aspanaes festexa o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, con múltiples actividades informativas de sensibilización e participación en campañas. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi
02/04/2024 -
PRIMICIAS DE ACTIVIDADES
- Lanzamento da nova web corporativa da Organización, convidando os grupos de interese a compartila entre o seu contactos, para obter maior impacto.
- 2 abril, Acto institucional no colexio de Aspanaes A Coruña, visita do Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González e a Deputada e Concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, convocados medios de comunicación.
- Fortalecemento de alianzas sociais con socios colaboradores, portas abertas en rede de centros e servizos.
- Concurso de debuxo, con motivo do Día Mundial, con achega económica de socio colaborador "De Heus".
- Voluntariado corporativo con Caixabank.
- Charlas de Sensibilización "Falemos sobre Autismo", en centros educativos, 3 charlas organizadas na zona das Pontes de García Rodríguez.
ACTIVIDADES DE CAMPAÑA
- Publicacións propias en RRSS, das persoas usuarias e profesionais da rede de centros e servizos da Entidade, co Infinito e o xesto, durante a campaña
- Publicación propia en RRSS, do Infinito en 3D, creación realizada por unha persoa usuaria do servizo de promoción da autonomía persoal, evidenciando o seu talento e explicando a súa simboloxía.
- LIUB "Ilumínao de Azul" : Solicitados Centro Galego de Arte Contemporánea, Glorieta de Freixeiro de Narón, Fonte de Catro Camiños da Coruña, Concello de Ferrol, TeatroJofré, Concello da Laracha )
- Cobertura en RRSS, Federación Autismo Galicia e Confederación Autismo España, durante a campaña..
- Atención a medios de comunicación.
Lugar de celebración:
Archivada en:
Infórmate > Ayudas y Convocatorias