Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 17/04/2024 | Información para familias e persoas con TEA: A Xunta de Galicia abre o prazo para presentar as solicitudes para participar nos campamentos de verán 2024

Información para familias e persoas con TEA: A Xunta de Galicia abre o prazo para presentar as solicitudes para participar nos campamentos de verán 2024

A Xunta de Galicia, abre hoxe, mércores 17 e ata o 30 de abril  o prazo de presentación de solicitudes para participar nos Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade e para os Campamentos da Campaña de verán con prazas reservadas para inclusión, que se levarán a cabo os meses de xullo, agosto e setembro.
 

17/04/2024

1 - CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE - Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

 
Nº DE PRAZAS OFERTADAS: 250
PERSOAS BENEFICIARIAS:
  • Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%
  • Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 50 anos.
  • Estar empadroado/a nalgún concello de Galicia.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio
  • Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades.
  • Ter mobilidade acorde coas características da instalación que solicite.
INSTALACIÓNS:
  • Albergue Xuvenil Gandarío de Bergondo (A Coruña)
  • Residencia de Tempo Libre de Panxón, Nigrán (Pontevedra)
  • Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
SERVIZOS OFERTADOS:
  • Aloxamento en albergue ou residencia, según destino solicitado.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Programa de actividades de animación sociocultural.
  • Material necesario para a actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural, actividades de tempo libre e náuticas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
PREZO:
  • 125€
  • Desconto do 50% para membros de familia que teñan o título de numerosa
  • Desconto do 50% para familias que teñan o certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental expedido pola Consellería de Política Social e Xuventude.
  • Desconto do 25% para persoas usuarias do Carné Xove vixente no momento de efectuar o pago.
  • Os descontos non son acumulables.
SOLICITUDES:
  • As solicitudes, acompañadas do informe médico, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Procedemento PR004A), dirixíndoas á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social e Xuventude e indicando no asunto relacionado “Campamentos Discapacidade 2024”.
  • No caso de acollerse a algunha das condicións polas que se obtén desconto no prezo da actividade, terase que acompañar o documento acreditativo (copia do título de familia numerosa, condición de familia monoparental ou do carné xove segundo proceda)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 17 ao 30 de abril de 2024
 
MÁIS INFORMACIÓN:
 

2. CAMPAMENTOS DA CAMPAÑA DE VERÁN 2024  CON PRAZAS RESERVADAS PARA INCLUSIÓN - Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

SERVIZOS OFERTADOS:
  • A participación na oferta de prazas realizarase mediante solicitude individual ou múltiple.
  • Programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da persoa moza.
  • Aloxamento en albergue, residencia, campamento xuvenil ou similar.
  • Manutención en réxime de pensión completa.
  • Material necesario para actividade.
  • Equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas de ser o caso. No caso das persoas con discapacidade que precisen de apoio disporase de persoal con formación e experiencia para atendelas.
  • Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
LOCALIZACIÓN DAS PRAZAS RESERVADAS DE INCLUSIÓN:
  • Albergue xuvenil Marina Española (Bergondo e Sada)
  • Albergue xuvenil Gandarío (Bergondo)
  • Campamento xuvenil Espiñeira (Boiro)
  • Campamento xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei)
  • Campamento xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa)
  • Campamento xuvenil Pontemaril (Forcarei)
PERSOAS PARTICIPANTES:
  • Que teñan feitos os 9 anos e que non teñan os 18 antes da finalización do campamento.
  • Residentes en Galicia
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Saber nadar, no caso de campamentos que inclúan actividades acuáticas. En caso de discapacidade, poderá exceptuarse.
  • Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis de un campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
  • Persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facelo constar na solicitude co fin de planificar os apoios necesarios, se os precisase.
  • As persoas solicitantes con discapacidade deben optar polo procedemento xeral, ou polo procedemento das prazas reservadas para inclusión. Quedarán excluídas no caso de presentar solicitude por ambos procedementos.
  • As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberase indicar na solicitude.
PREZOS:
  • En función da actividade. Ver no anexo I
  • Desconto do 50% no caso de membros de familias que teñan o título de familia numerosa, familia monoparental  e familias acolledoras.
  • Desconto do 25% para persoas con Carné Xove vixente e activado no momento de efectuar o pago.
  • Os descontos non son acumulables.​
SOLICITUDES:
  • Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.
  • De forma individual ou múltiple, polo procedemento xeral (procedemento BS303A) ou polo procedemento de prazas para inclusión de persoas con discapacidade (procedemento BS303G).
  • A solicitude múltiple (2 ou máis irmáns/ás) tanto no procedemento xeral como no de inclusión. Poderán incluírse os/as menores que convivan no domicilio en situación de acollemento familiar.
  • As persoas con discapacidade  que presenten a súa solicitude múltiple a través do procedemento xeral, só poden elixir actividades que se desenvolven en Galicia, excluíndose os intercambios para campamentos noutras comunidades autónomas.
  • As persoas con discapacidade que presenten unha solicitude múltiple e opten polo procedemento de prazas reservadas para inclusión deben utilizar o formulario do código de procedemento BS303H.
  • Unha persoa sen discapacidade que teña irmáns/ás con discapacidade e queiran presentar unha solicitude conxunta, só o poderán facer polo procedemento xeral e en ningún caso unha persoa sen discapacidade poderá ocupar unha praza das reservadas para inclusión.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 17 ao 30 de abril de 2024.
 
MÁIS INFORMACIÓN: 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias