Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/04/2024 | Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025

O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.
 

22/04/2024

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou no Boletín Oficial do Estado o Extracto da Resolución de 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025 . O prazo de presentación de solicitudes estenderase dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024.
 
 

TIPOS DE AXUDAS:

a) Axudas directas para o alumnado, incluíndo o alumnado con TDAH, que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén o alumnado con TEA.
 
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén alumnado con TEA.
 
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación reglada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
 
d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén alumnado con TEA.

CONTÍA DAS AXUDAS:

  • Ensino: ata 862€.
  • Transporte interurbano: ata 617€.
  • Comedor escolar: ata 574€.
  • Residencia escolar: ata 1.795€.
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442€.
  • Transporte urbano: ata 308€
  • Libros e material didáctico:
    • Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e Outros programas formativos de formación profesional: ata 105€.
    • Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204€.
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913€ para cada unha delas.
  • Contía asociada a altas capacidades: ata 913€
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400€.
Na solicitude non hai que indicar as axudas e subsidios que vas necesitar. A Administración comprobará a cales se ten dereito cando examine os requisitos que se cumpren.

 PERSOAS QUE PODEN SOLICITALAS:

Alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se encontren cursando en centro específico, unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnado que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Tamén TEA e alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades. 
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 
Do 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024.
 
MÁIS INFORMACIÓN: 

 
 

Archivada en:
Infórmate > Noticias