Cookies

Formación y actividades

© Fedearación Autismo Galicia | 27/03/2024 | FUNDACIÓN MENELA CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2024

FUNDACIÓN MENELA CONMEMORA O DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO 2024

Fundacion Menela ten previstas dúas accións coas que busca visibilizar e dar voz as persoas con TEA, porque so se coñecemos o Autismo, poderemos compréndelo e facilitar os apoios específicos que lles permitan avanzar na mellora da calidade de vida. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi

02/04/2024 -

Autismo Cerca De Ti” é o lema da campaña do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo que se celebra o vindeiro 2 de abril; unha campaña promovida polo movemento asociativo que pon o foco na prevalecía do autismo e en visibilizar as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) que están ao noso carón, perseguindo xerar un cambio de actitude na cidadanía que desemboque na comprensión, tolerancia e respecto cara ás persoas con autismo e as súas familias.
 
Nesta edición, Fundacion Menela ten previstas dúas accións coas que busca visibilizar e dar voz as persoas con TEA; porque so se coñecemos o Autismo, poderemos compréndelo e facilitar os apoios específicos que lles permitan avanzar na mellora da calidade de vida.
 

Acto conmemorativo polo Día Mundial do Autismo

Día         Martes, 2 de abril de 2024 
Hora      12:00 – 13:00h
Lugar     MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Rúa Príncipe, 54)
Sala       Galería A3
 
O martes 2 de abril convidámosvos a que nos acompañedes no MARCO de Vigo. A Galería A3 nos acollerá nun acto que trasncorre ao longo de tres momentos: á lectura do poema `Mais preto do que pensas´ asinado por PANUC, que será lido por Paula Sánchez Muíña, persoa con TEA, e a súa nai Conchi Muiña Romay, séguelle a lectura do Manifesto polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo na que participarán familias e persoas usuarias da Rede Menela, para finalizar coa creación dun infinito de cores que representa o valor da diversidade humana.
 

#reconquisTEA

Este ano a Reconquista de Vigo volve a lucir de azul. Por segundo ano consecutivo, a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello e un gran número de “mercaderes locais” apoia a campaña de visibilización promovida por Fundación Menela. Burla Negra, Corbatas, Stefany, Vaiche Boa e Sibarita, son algunhas das confirmación, pero quedan moitas máis nunha iniciativa na que cada ano colaboran máis hosteleiros. Se vos achegades a esta gran festa, recordade pedir os vasos da Fundación Menela, sacar unha foto e subida á redes socias có #reconquisTEA.
 
 

INICIATIVA #IluminadeAzul #LIUB

Os Concellos de Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar súmanse a campaña internacional Light it Up Blue (#lLIUB), promovida por Autism Speaks, tinguindo na tarde-noite do 2 de abril, as Fontes da Rúa Aragón, e as casas consistoriais dos concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar como mostra de apoio e solidaridade coas persoas con Autismo as súas familias.
 
 
 
Lugar de celebración:

Archivada en:
Infórmate > Noticias