Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 14/02/2024 | Curso: Tecnoloxías como apoio ás persoas con TEA.

Curso: Tecnoloxías como apoio ás persoas con TEA.

En este curso ofrecerase unha visión global do estado das tecnoloxías e a súa aplicación a persoas con TEA tanto en contornas de intervención como na contorna familiar. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO
 

15/03/2024 -

*Actividade recoñecida de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
 
Desde hai algúns anos, o uso de tecnoloxías consolidouse como un elemento útil para a intervención especializada en persoas con autismo, debido á elevada taxa de uso de dispositivos na sociedade, á súa sinxeleza e ao atractivo que espertan.
 
Aínda que o seu uso cotián está moi estendido, para a súa aplicación adecuada é necesario combinar os coñecementos sobre o TEA xunto coa realidade de cada alumno ou alumna e información sobre as posibilidades que a tecnoloxía e os distintos desenvolvementos asociados á mesma poden ofrecer ao/á profesional, ás propias persoas con autismo e ás súas familias.
 
É importante coñecer como pode empregarse a tecnoloxía de maneira adecuada nas diferentes áreas de desenvolvemento das persoas, tanto desde o enfoque da aprendizaxe como desde o soporte que poden proporcionar para a realización de diversas actividades de forma máis autónoma.
 
A capacitación profesional é fundamental para poder sacar o máximo partido ás ferramentas tecnolóxicas dispoñibles, mellorando de este modo a calidade da intervención levada a cabo con persoas con TEA.
 
En este curso ofrecerase unha visión global do estado das tecnoloxías e a súa aplicación a persoas con TEA tanto en contornas de intervención como na contorna familiar, abordando non só a exposición de ferramentas e recursos dixitais, senón tamén o uso responsable e seguro que permita previr situacións e condutas pouco adecuadas en relación co uso de tecnoloxías.
 
OBXECTIVOS:
  1. Coñecer as principais achegas da tecnoloxía á intervención especializada no Trastorno do Espectro do Autismo.
  2. Identificar as necesidades das persoas con TEA que poden ser apoiadas mediante tecnoloxías.
  3. Coñecer as principais categorías de recursos tecnolóxicos existentes.
  4. Establecer criterios de selección dos recursos dixitais máis adecuados para as persoas con TEA en función das súas características persoais.
  5. Fomentar o uso responsable da tecnoloxía e previr as adiccións.
  6. Incrementar a competencia dixital dos profesionais e familias que se relacionan con persoas con TEA.
 
DATAS: Venres 15 e sábado 16 de marzo de 2024
Nº DE HORAS: 8
HORARIO:
  • Venres 15 de marzo: De 16:30h. a 20:30h
  • Sábado 16 de marzo: De 10h. a 14h.
 
MODALIDADE: Online (Zoom). Non se gravará, polo que non se poderá acceder á formación fóra do horario no que se imparte.
 
PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas con TEA, profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios.
 
NÚMERO DE PRAZAS: 125
 
PRAZO DE INSCRICIÓN:  Ata o martes, 5 de marzo de 2024 ás 12h.
*Confirmaremos a praza ou lista de espera por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición (a partir do mércores, 6 de marzo de 2024).
 

PROGRAMA

  1. Introdución: Oportunidades da tecnoloxía para a persoa con autismo.
  2. A tecnoloxía no fogar y en contornas de intervención: consellos de implementación e uso.
  3. Uso responsable de tecnoloxía: riscos e estratexias.
  4. Criterios para a selección de aplicacións.
  5. Consideracións metodolóxicas.
  6. Áreas de intervención:
    • Habilidades cognitivas básicas.
    • Comunicación e linguaxe.
    • Anticipación e estruturación.
    • Secuenciación de tarefas.
    • Emocións e autorregulación.
  7. Ferramentas de autor e recursos innovadores.
  8. Compoñente inclusivo da tecnoloxía.
 
FORMADORA: Lupe Montero é Mestra de Educación Especial,  Experta en Intervención en Trastorno do Espectro do Autismo e ten un Master en Tecnoloxías para a Educación e o Coñecemento. Actualmente é a directora da área de Educación Inclusiva En Smile and Learn. Autora do blog Aulautista  e coautora do Proxecto Leo con Lula, desenvolveu numerosas experiencias de uso das TIC para a intervención mediante proxectos de carácter práctico con alumnado con TEA e en colaboración con diversas entidades e universidades. Co-dirixe a serie formativa “Tecnoloxía e autismo” impulsada por Fundación Orange e desenvolve habitualmente actividades formativas para profesionais, mostrando nas súas intervencións o potencial da tecnoloxía para apoiar a persoas con discapacidade tanto na súa aprendizaxe como no desenvolvemento de habilidades de carácter funcional.
 
 
MÁIS INFORMACIÓN: www.autismogalicia.org // formacion@autismogalicia.org // Teléfono: 981 589 365
 

Organiza: Federación Autismo Galicia

 

 

 

 
Lugar de celebración:

MODALIDADE ONLINE

Archivada en: